Sabías que...? Idade Media: O camiño de Santiago

O CAMIÑO DE SANTIAGO


-->
- Na igrexa de Santiago en Vilafranca do Bierzo (León) a xente que non pode seguir o camiño obtén as mesmas indulxencias que se fose a Santiago de Compostela?

- Cando o peregrino chegaba a Compostela, compraba unha cuncha de vieira que utilizaba como testemuño da peregrinación cumprida e dado que moitos realizaban a peregrinación como condena por algún delito, unha vez en Santiago debían obter do cardeal un papel que certificaba que estiveran alí, e que se chamaba carta probatoria?

- O primeiro peregrino, acreditado historicamente, foi un bispo de Le Puy (Francia) chamado Godescalco, que no ano 950 chegou á aldea galega de Compostela, xurdida xunto ó sepulcro do apóstolo descuberto no ano 813?

- O Camiño de Santiago, segundo a creencia popular, correspondía na Terra coa Vía Láctea no ceo?

- Na catedral de Santiago está o “botafumeiro” que bota incenso para, sobre todo hai anos, purificar o aire do interior da catedral?

- O códice Calixtino é un códice que narra a vida e milagres do apóstolo Santiago e feitos relacionados con Compostela e a Galicia medieval?