A historia contada: Pasaxes da historia (Idade Antiga II)

As pasaxes da historia son pequenas narracións, dunha media hora, que o periodista, xa falecido, Juan Antonio Cebrián facía no seu programa de radio (A rosa dos ventos) sobre un feito histórico, un personaxe, unha batalla…
Como funciona? Preme no "play" para escoitar... As pasaxes da historia.
Recoméndase empregar o navegador: Mozilla Firefox

Xullo César





Caio Xullo César (Roma, Italia, 13 de xullo de 100 a. C. Roma, 15 de marzo de 44 a. C.) foi un líder militar e político da época da República romana

Octavio Augusto





Caio Xullo César Augusto (23 de setembro de 63 a. C. a 19 de agosto de 14 d. C.) foi o primeiro e quizias o máis importante emperador do Imperio Romano, o cal gobernou desde 27 a. C. ata a súa morte en 14 d. C

Gladiadores





Recibía o nome de gladiador quen batallaba con outro ou cunha besta nos xogos públicos da Antiga Roma. A teoría máis aceptada sobre a orixe deste vocábulo é que deriva da palabra Gladius, a espada que utilizaban.

Cleopatra





Cleopatra Filopator Nea Thea, Cleopatra VII naceu cara ao ano 69 a. C. e morreu no ano 30 a. C. Era filla de Cleopatra V Trifena e de Ptolomeo XII Auletes, de quen herdou o trono no ano 51 a. C., ao redor da idade de 18 anos, xunto co seu irmán Ptolomeo XIII, que contaba con tan só doce anos, e que sería ademais o seu esposo (feito frecuente nos matrimonios rexios ptolemaicos).

Calígula






Caio Xullo César Augusto Germánico(31 de agosto de 12 - 24 de xaneiro de 41), foi emperador romano desde o 16 de marzo de 37 ata o seu asasinato, o 24 de xaneiro de 41. Foi o terceiro emperador do Imperio romano e membro da dinastía Xullo-Claudia, instituida por Augusto.

Claudio





Tiberio Claudio César Augusto Germánico (Lyon, 1 de agosto de 10 a. C. - Roma, 13 de outubro de 54 d. C.) foi o cuarto emperador romano da dinastía Xullo-Claudia, e gobernou desde o 24 de xaneiro do ano 41 ata a súa morte no ano 54. Nacido en Lugdunum, na Galia, foi o primeiro emperador romano nacido fóra da Península Itálica

Nerón





Nerón Claudio César Augusto Germánico(15 de decembro do 37 a 9 de xuño do 68), foi un emperador do Imperio romano que gobernou desde o 13 de outubro do 54 ata a súa morte, o 9 de xuño do 68. Tras morrer, converteuse no último emperador da dinastía Xullo-Claudia. Nerón era fillo de Cneo Domicio Ahenobarbo e a súa muller Agripinila. Ascendeu ao trono tras a morte do seu tío Claudio, que o nomeou o seu sucesor.

Atila





Atila (406 - Val de Tisza, 453) foi o último e máis poderoso caudillo dos hunos, tribo procedente probablemente de Asia, aínda que as súas orixes exactas son descoñecidos. Atila gobernou o maior imperio europeo do seu tempo, desde o 434 ata a súa morte en 453. Coñecido en Occidente como «O azoute de Deus». As súas posesións estendíanse desde a Europa Central ata o Mar Negro, e desde o río Danubio ata o mar Báltico. Atila morreu pola picadura dunha serpe.

Os audio proceden do blog: pasajeshistoria.blogspot.com.
Os textos proceden de: http://es.wikipedia.org/