A citania do Monte Santa Tecla foi descuberta e comezada a escavar en 1913. Debeu ser un importante poboado mineiro pre-romano, tendo ademais unha excelente localización estratéxica grazas a controlar a desembocadura do río Miño desde os seus 200 metros de altura. O apoxeo desta poboación prolongouse ata o século II de nosa era, en que caeu no esquecemento.
O castro estaba fortemente defendido por unha muralla, fosos e torres. No interior do recinto amurallado, sen apenas espazo entre elas, situábanse as vivendas, perfectamente distribuídas xa que se atoparon pequenas rúas e prazas. Calculouse que no seu interior habitaría unha media de 250 individuos.
As vivendas presentan distinta tipoloxía que obedecen á diferente función que tería para os habitantes: vivenda, almacén, etc.
A maioría das casas dos castros eran pequenas e circulares. A parte baixa da construción realizábase a base de pedras irregulares de tamaño medio. Cubertas de brezo ou palla, no interior das vivendas desenvolvíase a vida cotiá, ao redor dun lume central rodeado por bancos corridos.
A citania de Santa Tecla foi declarada Monumento histórico-artístico en 1931.
Texto e vídeo: http://www.artehistoria.jcyl.es/artesp/videos/123.htm