Como funciona? Preme no "play" para escoitar... As pasaxes da historia.
Recoméndase empregar o navegador: Mozilla Firefox

Tutankamón
Tutankamón, «imaxe viva de Amón», foi un faraón pertencente á dinastía XVIII de Exipto, que reinou de 1.336 a. C. a 1.327 a. C.
Aquiles vs Héctor
Aquiles, foi un heroe da Guerra de Troia e un dos principais protagonistas e máis grandes guerreiros da Ilíada de Homero. Na soada obra homérica, Aquiles adoita ser cualificado como "o dos pés lixeiros", xa que se lle consideraba o máis veloz dos homes.
Héctor foi un príncipe troiano encargado, na Guerra de Troia, da defensa da cidade fronte ás hostilidades dos aqueos, ata a súa morte a mans de Aquiles.
Leónidas
Leónidas I "Fillo de león" ou "como león" foi rei de Esparta. Atopou a morte no 480 a. C., durante a Segunda Guerra Médica, na defensa das Termópilas, bloqueando o avance do exército persa de Jerjes I.
Paso das Termópilas
As Termópilas é un desfiladeiro de Grecia. O seu nome quere dicir: «fontes quentes», debido aos seus numerosos mananciais naturais de augas termais. Outra posible tradución sería "Portas Quentes".
O paso esténdese desde Lócrida, en Tesalia, entre o monte Eta e o mar (Golfo Maliaco). É un paso ineludible no traxecto entre o norte e o sur de Grecia, e polas súas características xeográficas foi elixido como escenario de varias batallas na historia de Grecia. A contenda de maior renome na antigüidade é a batalla das Termópilas, do ano 480 a. C., na que a salvaguardia grega, formada por 1.000 hoplitas gregos (300 espartanos e 700 tespios), contivo o avance netamente superior do exército persa ao mando de Jerjes I; aínda que finalmente Jerjes I derrotou aos espartanos.
Sócrates
Foi un filósofo grego (470 a. C. - 399 a. C.) considerado como un dos máis grandes, tanto da filosofía occidental como da universal, foi o mestre de Platón, quen tivo a Aristóteles como discípulo; estes tres son os representantes fundamentais da filosofía grega.
Alexandre Magno
Alexandro III de Macedonia, máis coñecido como Alexandro Magno (neceu en Pella o 20 de xullo de 356 a. C. e morreu en Babilonia o 13 de xuño de 323 a. C.), foi o rei de Macedonia desde 336 a. C. ata a súa morte e está considerado como un dos líderes militares máis importantes da Historia, pola súa conquista do Imperio persa.
Aníbal
Aníbal Barca (en fenicio Hanni-baal, que significa «quen goza do favor de Baal» e Barqa, «raio»), nacido en 247 a. C. en Cartago (ao norte de Tunisia) e falecido en 183 a. C. en Bitinia (preto de Bursa, en Turquía), foi un xeneral e estadista cartaxinés considerado por moitos como un dos máis grandes estrategos militares da historia.
Tartessos
Foi o nome polo que os gregos coñecían á primeira civilización de Occidente. Herdeira da cultura megalítica do suroeste ibérico, desenvolveuse supostamente no triángulo formado polas actuais provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz, na costa suroeste da península Ibérica
Viriato
Viriato ( - 139 a. C.) foi o principal caudillo da tribo lusitana que fixo fronte á expansión de Roma nas Guerras Púnicas no territorio comprendido entre o Douro e o Guadiana.
Numancia
Numancia é o nome dunha desaparecida poboación celtíbera situada sobre o "Cerro de la Muela", en Garray, a 7 km ao norte da actual cidade de Soria.
Os audios proceden do blog: pasajeshistoria.blogspot.com.Os textos proceden de: http://es.wikipedia.org/