# Aos traballadores das fábricas chámanlles proletarios porque tiñan moita prole (fillos)?# En España hoxe o 28% da poboación activa traballa no sector secundario, pero en 1.970 traballaba o 36,5%?# Planta de alúmina-aluminio de San Cibrán (Lugo) consume tanta electricidade case como o resto de Galicia?# O primeiro alto forno de España instalouse en Sargadelos por Antonio R.Ibáñez?# A central termoeléctrica de As Pontes (A Coruña) ten unha cheminea de máis de 300 m (case como a Torre Eiffel de París)?# Charles Chaplin fixo unha película (“Tempos modernos”) baseada na división do traballo?# A finais do século pasado en Gran Bretaña os vehículos tiñan que ir abríndolles paso un home axitando unha bandeira vermella?# Moitas fábricas traballan, en turnos, as 24 horas do día?# A morte da anciá de 98 anos Yang Huanyi, na provincia de chinesa de Hunan, o 23 de setembro de 2004, pasaría desapercibida para o mundo se non fose polo feito que de que a muller, viúva dun granxeiro, era a última persoa do planeta que falaba a curiosa lingua nushu, falada en Hunan exclusivamente por mulleres.
Yang, a última falante de nushu, foi unha das principais representantes de China na Conferencia das Nacións Unidas sobre a Muller, celebrada en Pequín en 1995 e aproveitou esa ocasión para entregar aos estudiosos gran parte das cartas, poemas e artigos que escribira nesa linguaxe, que foron recompilados pola prestixiosa Universidade de Qinghua nun libro publicado este ano.
Segundo crese, o código secreto desaparecido coa anciá chinesa sería creado cara ao século III de nosa era e transmitido desde entón de xeración en xeración só ás mulleres. O nushu, que foi descuberto en 1998 por unha profesora chinesa, era a única linguaxe do mundo falado exclusivamente por mulleres e case non quedou documentación escrita, posto que desde moi antigo era costume queimar ou enterrar cos mortos os manuscritos en nushu.
Como xurdiu esta lingua? Fai 1.700 anos, as mulleres chinesas estaban privadas dunha educación formal e vivían encerradas nas casas dos seus pais ou dos seus maridos, sometidas á autoridade masculina, sen posibilidades de aprender a ler e escribir o idioma dos homes. Foi así como aquelas campesiñas analfabetas inventaron un idioma propio, que está considerado polos lingüistas como un sistema de comunicación único porque non ten ningún paralelo falado. Nushu en chinés quere dicir escritura de mulleres. Ademais de literatura e folclore, as inscricións nesta lingua poden verse en diarios e abanicos onde se atoparon reflexións íntimas, consellos, correspondencia, así como descricións de bombardeos e guerras.
Co paso dos anos foise perdendo esta especie de código secreto feminino ata desaparecer por completo coa morte da señora Yang, polo que o goberno chinés estase esforzando agora por recoller e recompilar os escritos, a fin de poder conservalo como parte valiosa da rica herdanza cultural chinesa.
Un dos documentos recuperados di: "Os homes atrévense a saír de casa para enfrontarse ao mundo exterior, pero as mulleres non son menos valentes ao crear unha linguaxe que eles non poden entender". Outro sinala: "Debemos establecer relacións de irmás desde a mocidade e comunicarnos a través da escritura secreta".
O idioma mandarín, como fundamento institucional da cultura, incorporaba a súa estrutura autoritaria, xerárquica e solemne, mentres que o nushu era para as mulleres a lingua da vida cotiá, das emocións, da espontaneidade, do mundo natural, dos soños e dos desexos.
Por esa razón, en nushu as mulleres adoitaban escribir as "Cartas do terceiro día", uns folletos escritos sobre tea nos que transmitían ás súas fillas consellos sobre o matrimonio. As "Cartas do terceiro día", que contiñan tamén cancións compostas en nushu que expresaban soños, esperanzas e sentimentos das mulleres, eran enviadas ás noivas o terceiro déa logo da voda.
O xa desaparecido idioma das mulleres contaba cunhas 2.000 palabras, escribíase en columnas verticais, de esquerda a dereita e moitos dos seus carácteres inspiráronse nos chineses, pero eran máis estilizados, graciosos e personalizados. A linguaxe, que tamén se falou noutras zonas do sur de China, é unha evolución de sistemas de escritura de fai máis de 3 mil anos utilizados pola civilización Yin, na conca do río Yangtsé.