Sabías que...? Xeografía: As persoas relacionámonos co medio
# Uns 2.000 lagos suecos están case sen vida a causa da choiva ácidas e o 80% dos lagos noruegués están bioloxicamente mortos?# En xaneiro de 1.989 a contaminación urbana da Cidade de México era tan grande que déuselle vacacións ós escolares durante todo o mes porque o seu aire era case irrespirable?# Un bosque enteiro, máis de medio millón de árbores, emprégase para editar os xornais dos domingos en EEUU?# Nova Delhi (India) está durante 294 días ao ano por riba do nivel de contaminación recomendado pola O.M.S. e Madrid está 94?# Os seres humanos son a primeira e única especie que produce sustancias que non poden ser reabsorbidas polo ecosistema (productos non biodegradables) e que a maioría dos plásticos son non biodegradables?# Se non houbera vida na Terra a composición da súa atmosfera sería moi semellante á de Marte?# Máis dun millón de toneladas de petróleo derrámanse, deliberadamente, polos petroleiros ao mar (por exemplo cando lavan os seus tanques)?# Se polo quentamento do planeta se chega a derreter o xeo da Antártida subiría o nivel da auga do mar uns 60 m, tódalas cidades da costa quedaría sumerxidas, Barcelona, Nova York, A Coruña...?# Un 20% da poboación do mundo consume o 70% da enerxía, o 75% do metais, o 85% da madeira e o 60% dos alimentos?# Cada segundo desaparece unha superficie de bosque do tamaño dun campo de fútbol e que diariamente extínguense máis de 50 especies de animais e vexetais?# Unha soa árbore na Amazonía pode albergar 43 especies de formigas, máis ou menos o mesmo número de especies atopado en toda Gran Bretaña?# A selva tropical máis grande é a do Amazonas que cubre unha superficie de 7 millóns de km², 14 veces a superficie de España?# A selva do Amazonas conten a metade de tódalas especies de animais e vexetais que hai no mundo?# Un de cada catro tipos de medicinas conteñen sustancias químicas derivadas de especies tropicais?