# No ano 10.000 a. C. a poboación mundial rondaba os 12 millóns de habitantes, moitos menos dos que hoxe ten a cidade de Nova York?# Catal Hüyük é un lugar no que se atopa unha poboación turca do 6.500 a. C. que está ben conservada e as súas casas de adobe tiñan as paredes comúns e non había rúas xa que a xente ía dun lugar a outro pasando polos tellados?# En Catal Hüyük a vida media dos homes era de 34 anos e a das mulleres de 30 anos?# No Paleolítico o Sahara era unha rexión fértil?# En 1940, Maecel Radivat levou a tres amigos a ver un burato que atopara durante un paseo co seu can por Lascaux (Francia) e que cando encendeu na cova unha cerilla descubriu unhas pinturas?# Cando en 1.879, Marcelino Sanz de Sautuola descubriu nunha cova da súa finca, preto de Santillana do Mar (Cantabria), unhas pinturas nas paredes, os expertos da época dixeron que era unha falsificación?
# O sistema que se utiliza actualmente para contar os anos foi inventado polo monxe Dionisio o Exiguo (Dionisio Exiguus) no século VI, a petición do Papa. Entón, Dionisio decidiu utilizar o nacemento de Cristo como punto de refencia en vez do sistema que se utilizaba. Calculou erroneamente que Xesús naceu o 25 de decembro do ano 753 AUC ("ab urbe condita", desde a fundación de Roma), tomando entón o ano que apenas comezaba, 754 AUC, como o ano 1 D.C. Este sistema non foi aceptado naquela época, aínda que séculos despois foi adoptado por varias poboacións ata converterse no sistema predeterminado por defecto. A data do 25 de decembro foi adoptada como a data do Nadal, aínda que non se sabe como Dionisio a calculou. Moito tempo despois, descubriuse que o sistema de Dionisio era inexacto, xa que calculara erroneamente a data do nacemento de Jesús. Dionisio estableceu o ano inicial de éra entre 4 e 6 anos despois do que debeu ser. O sistema non puido ser alterado xa que a maioría do mundo adoptouno, e facer un cambio tan radical era xa unha tolemia?
HISTORIA 0
# Na nosa cultura o punto de partida para datar un acontecemento é o
nacemento de Cristo, tendo en conta se sucedeu antes do nacemento de
Cristo (a.C.) ou despois do nacemento de Cristo (d.C.)?
# Os
musulmáns toman como referencia para punto de partida do seu calendario a
Héxira (peregrinación que fixo Mahona no ano 622 da Meca a Medina)?.
# Pódese saber con exactitude a antigüidade de ósos de persoas e animais
co método do carbono 14, nome duns átomos radiactivos que en cantidades
mínimas teñen tódolos seres vivos. Desde o momento da morte dun ser
vivo, os seus restos perden cada 5.780 anos a metade de C-14 que
conteñen e así sucesivamente a un ritmo fixo?.
# Indiana Jones, o famoso personaxe do cine, era un arqueólogo?
# Os raios X poden revelar detalles de obxectos demasiados fráxiles para ser extraídos ou que están incrustados en rocha?
# A observación dos ósos poden darlle ó científicos información sobre a dieta e a saúde dos pobos antigos?
# Hai achados que tiveron distintos habitantes ó longo do tempo, sendo o superior o máis recente?
# A dendrocronoloxía é o estudio dos aneis das árbores para datar
obxectos de madeira e para facelo fíxanse no grosor dos aneis, un ano bo
os aneis son máis grandes que un ano malo?