SabÍas que...? Idade Moderna: Renacemento e Reforma

O CAMBIO CULTURAL: RENACEMENTO E REFORMA
# A Gioconda foi mercada por Francisco I de Francia e que a tiña no baño?
# Leonardo da Vinci fixo os primeiros deseños detallados dunha máquina voadora, un paracaídas e un helicóptero?
# En 1517 un monxe alemán chamado Lutero cravou unha lista coas súas queixas (os seus 95 tesis) na porta da igrexa de Wittenberg (Alemaña)?
# En 1545 celebrouse o concilio de Trento, no norte de Italia, para fixa-los principios do catolicismo e organizar unha campaña contra a extensión da Reforma?
# Despois do 4 de outubro de 1.582 veu o día 15 e que en medio quedaron dez días que nunca existiron porque así o dispuxo o papa Gregorio XIII porque no calendario que puxo en vigor Xulio César no ano 46 a. C. era bastante exacto pero tiña un pequeño erro, xa que o ano terrestre ten 365,24219 días e Xulio César para redondeouno a 365,25 días e esta pequena diferenza foise acumulando ao longo de 16 séculos suscitándose o problema de que as estacións xa non empezaban cando o dicía o calendario; entón o papa eliminou eses días e dicidiu que os anos acabados en 00 non serían bisestos (aínda que lles correspondese) agás os múltiplos de 400 como acorreu no ano 2.000?