A escola de Atenas |
Título: A escola de Atenas
Autor: Rafael de Sanzio (Urbino, 1483 - Roma, 1520)
Cronoloxía: Bosquexo entre 1509-1510 e pintada entre 1510 e 1512
Escola: Renacemento italianao (cinquecento)
Estilo: Renacemento
Técnica: Fresco
Soporte: Muro
Medidas: 7,70 m x 5,00 m
Localización: Estancias vaticanas (O Vaticano)
A escola de Atenas mostra aos filósofos, científicos e matemáticos máis importantes da época clásica. Os filósofos atópanse nunha arquitectura clásica, abovedada como unhas termas. Nuns nichos vense figuras xigantescas dos deuses Apolo e Atenea. Esta arquitectura recorda o proxecto da basílica de San Pedro elaborado por Bramante. Platón e Aristóteles, que durante toda a Idade Media estiveron considerados como os principais representantes da filosofía antiga, atópanse no centro da composición, ao redor do punto de fuga. Platón está sostendo o Timeo. Aristóteles sostén unha copia da súa Ética a Nicómaco. Ambos debaten sobre a procura da Verdade e fan xestos que se corresponden aos seus intereses na filosofía: Platón está sinalando o ceo mentres que Aristóteles a terra.
Autor: Rafael de Sanzio (Urbino, 1483 - Roma, 1520)
Cronoloxía: Bosquexo entre 1509-1510 e pintada entre 1510 e 1512
Escola: Renacemento italianao (cinquecento)
Estilo: Renacemento
Técnica: Fresco
Soporte: Muro
Medidas: 7,70 m x 5,00 m
Localización: Estancias vaticanas (O Vaticano)
A escola de Atenas mostra aos filósofos, científicos e matemáticos máis importantes da época clásica. Os filósofos atópanse nunha arquitectura clásica, abovedada como unhas termas. Nuns nichos vense figuras xigantescas dos deuses Apolo e Atenea. Esta arquitectura recorda o proxecto da basílica de San Pedro elaborado por Bramante. Platón e Aristóteles, que durante toda a Idade Media estiveron considerados como os principais representantes da filosofía antiga, atópanse no centro da composición, ao redor do punto de fuga. Platón está sostendo o Timeo. Aristóteles sostén unha copia da súa Ética a Nicómaco. Ambos debaten sobre a procura da Verdade e fan xestos que se corresponden aos seus intereses na filosofía: Platón está sinalando o ceo mentres que Aristóteles a terra.
A escola de Atenas: personaxes
PERSONAXES
|
2.- Aristóteles. Comparte xunto a Platón o protagonismo da obra. O seu xesto, contraposto ao do seu compañeiro, fai alusión ao mundo material. Na súa man porta a súa obra Ética a Nicómaco.Aristóteles foi o creador da lóxica formal, economía, astronomía, precursor da anatomía e a bioloxía e un creador da taxonomía (é considerado o pai da zooloxía e a botánica).
3.- Heráclito. O pintor Miguel Anxo, compañeiro de Rafael nas tarefas de decoración das paredes do Vaticano, encarna ao filósofo Heráclito. Esta figura non incluída no bosquexo orixinal foi engadida por Rafael como sinal de respecto ao artista. A figura vestida coas vestimentas habituais de Miguel Angel, atópase apoiada sobre un gran bloque de marmol no primeiro plano da obra.
4.- Parménides. Fundador da escola Eleática, Parménides expuxo a súa filosofía en forma de versos e a súa única obra que perdurou nútrese de extensos fragmentos dun poema didáctico, Sobre a natureza. As súas reflexións pueden considerarse como precursoras do idealismo Platónico.
5.- Hipatia. Representada por Margherita Luti, amante de Rafael, foi filósofa e mestra neoplatónica. Destacou en numeroso campos entre os que se atopaban a xeometría, a alxebra e a astronomía. Non se conservan as súas obras pero numerosas fontes da epoca sitúana como unha figura moi influínte e respectada. Algúns dos seus alumnos ocuparón altos cargos entre eles o bispo Sinesio de Cirene, Hesiquio de Alexandría e Orestes, prefecto de Exipto.
6.- Diónexes. Aparece tombado sobre os chanzos, nun xesto moi representativo da súa sobriedade. Pertencente á escola cínica rexíase polos principios de autonomía e desprezo dos usos da sociedade. Para Dióxenes a propiedade carecía de valor e dise que ensinaba que o roubo era admisible xa que "todas as cousas son propiedade do sabio".
7.- Pitágoras. Absorto no seu traballo aparece sentado en primeiro plano. Diante dun alumno sostén unha lousa que mostra mostra a Tetraktys, triangulo formada por dez puntos distribuídos en 4 filas con 1, 2, 3 e 4 puntos respectivamente que representa a creación universal, fonte e raíz da eterna natureza (I II III IIII = X). Para os pitágoricos todo é Número, o Universo pode ser expresado e comprendido a través das matematicas.
8.- Euclides ou Arquímedes. O arquitecto Bramante, amigo e mentor de Rafael, encarna a Euclides, pai da Xeometría, ou Arquimedes. A intención final de Rafael non a coñecemos, pero o uso dun compás por parte do personaxe asóciao a Euclides. Os que defenden a tese de que é Arquimedes o retratado, baséanse na gran fama coa que contaba o científico e enxeñeiro clásico, e o estraño que resultaria non atopalo nesta obra de Rafael.
9.- Plotino. Retratos de Xullo II, fan pensar que foi o modelo de Rafael para Plotino, filósofo neoplatonico autor das Enéadas. Como eixo principal do seu doctina estaba a súa teoría da trinidad composta polo Un, o nous e a alma. Herdeiro de Platón e Aristóteles, centrou a súa doutrina na metafísica e o misticismo. Foi fonte de inspiración para numerosos filósofos e místicos cristiáns.
10.- Sócrates. É considerado como un dos tres maximos representantes da filosofía grega, xunto a Platón e Aristóteles. Foi o verdadeiro iniciador da filosofía despois de que lle deu o seu obxectivo primordial de ser a ciencia que busca no interior do ser humano. O método de Sócrates era dialéctico: logo de expor unha proposición analizaba as preguntas e respostas suscitadas pola mesma.
11.- Alexandre Magno. É considerado un dos maiores lideres militares da historia. Consolidou a unificación das poli e venceu ao imperio Persa. En apenas 12 anos creou un imperio como non se coñecera ata entón, unindo Grecia, Oriente Medio, Mesopotamia, Exipto e a India. Recibiu os ensinos de Aristóteles na súa mocidade, o cal instruír en historia, filosofía influíndo notablemente no desenvolvemento intelectual do futuro rei.
12.- Anaximandro. Filósofo e discípulo de Tales, atribúeselle un libro sobre a natureza, pero o seu pensamento chega á actualidade mediante comentarios doutros autores. Atribúeselle un mapa terrestre, a medición dos solsticios e equinoccios por medio dun gnomon, traballos para determinar a distancia e tamaño das estrelas e a afirmación de que a Terra é cilíndrica e ocupa o centro do Universo.
13.- Averroes (Ibn Rushd). Foi un filósofo e médico andalusí, mestre de filosofía e leis islámicas, matemáticas e medicamento. O pensamento de Averroes, formulado na súa obra coñecida como Gran comentario, parte da distinción aristotélica entre dous intelectos, o nous pathetikós (intelecto receptivo) e o nous poietikós (intelecto axente), que permitiu desligar a reflexión filosófica das especulacións míticas e relixiosas. Averroes esforzouse en aclarar como pensa o ser humano e como é posible a formulación de verdades universais e eternas por parte de seres perecedoiros.
14.- Antístenes. Filósofo grego fundador da escola Cínica. Discípulo de Sócrates, marcou diferenzas coa escola Platónica, predicando o ascetismo e a vida simple. Defendeu unha teoloxía negativa, onde Deus é incognoscible e incomprensible, o que podemos coñecer e comprender nunca é o divino, senón unha entidade finita. Non contou co aprecio de Platón e Aristóteles, os cales afirmaban del que era incapaz de comprender as sutilezas da dialéctica. Diógenes continuou as pautas filosóficas de Antístenes engadindo novos elementos á escola cínica.
15. Epicuro.- A filosofía de Epicuro, en liñas xerais, caracterízase por situarse no lado oposto á filosofía platónica: afirma que non hai máis que unha realidade, o mundo sensible, nega a inmortalidade da alma e afirma que esta, do mesmo xeito que todo o demais, está formada por átomos, afirma o hedonismo na teoría ética e como modo de vida rexeita o interese pola política e, fronte á reestruturación da sociedade que, afirmaba Platón, era o obxectivo do filósofo, prefire un estilo de vida sinxelo e autosuficiente encamiñado á felicidade no que a amizade xoga un papel fundamental.
16.- Zenón de Elea. Foi un filósofo grego pertencente á escola eleática e discípulo Parménides, cuxas tese defendia cun amplo arsenal conceptual. Considéraselle o primeiro en usar demostracións por redución ao absurdo e son moi coñecidas os seus paradoxos onde nega a existencia do movemento ou a pluralidade do ser. Os razoamentos de Zenón constitúen o testemuño máis antigo que se conserva do pensamento infinitesimal desenvolvido moitos séculos despois na aplicación do cálculo infinitesimal que nacerá da man de Leibniz e Newton en 1666.
17.- Ptolomeo. Astrónomo, químico, xeógrafo e matemático greco-exipcio, empregou a estudo empírico creando un modelo xeométrico que permitise predicir as posicións futuras dos astros a partir do rexistro das posicións actuais e pasadas. Catalogou un gran número de estrelas, asignándolles un brillo e magnitude, e estableceu normas para predicir as eclipses. A súa teoría xeocentrica tivo validez ata o século XVI, influenciando o pensamento de numerosos matemáticos e astronomos durante séculos.
18.- Estrabón ou Zoroastro (Zarathustra) Esta figura plantea dudas entre os expertos. Uns ven a Estrabón, xeografo e historiador grego autor de Geographiká (Xeografía), datado no l 29 a.C e formado por 17 volumes, onde entre outros inclúe un mapa de Europa. Outros ven a Zoroastro, profeta fundador do mazdeismo, unha das primeiras relixións monoteistas que estableceu na zona da actual Afganistan. O nome de mazdeísmo procede do nome da deidade Ahura Mazda, enfrontada a Angra Mainyu, ente maligno xemelgo de Mazda, eterno conflito entre o Ben e o Mal.
19.- Homero. É o nome dado ao poeta e rapsoda grego ao que tradicionalmente se lle atribúe a autoría das principais poesías épicas gregas: a Ilíada e a Odisea, alicerce sobre o que se apoia a épica grecolatina e, polo tanto, a literatura occidental. En devanditos relatos nárrase a batalla de Troia e o herratico regreso a casa de Odiseo (Ulises) e os seus homes. Algúns dubidan da existencia real deste personaxe atribuíndo o termino Homero a un grupo de poetas chamados Homeridai, que significa "fillos de prisioneiros de guerra".
20.- Rafael. O propio pintor non desaproveitou a oportunidade de autorretratarse na súa obra, aparecendo como un dos poucos personaxes que miran directamente ao espectador, xunto a Hipatia e algún outro personaxe secundario.