Mortes extrañas (1): Esquilo

Esquilo era un dramaturgo grego nacido en Eleusis, preto de Atenas. Foi un dos grandes escritores gregos. Predecesor de Sófocles e de Eurípides, é o fundador da traxedia grega. Combateu contra os persas en Maratón no ano o 490 a. C, en Salamina no ano o 480 aC, e posiblemente, en Platea, ao ano seguinte.

O bo de Esquilo ocorréuselle acudir ao Oráculo de Delfos (lugar sacro onde os gregos preguntaban aos deuses sobre o seu futuro) para coñecer o seu futuro e máis en concreto sobre a súa morte. A revelación do Oráculo foi categórica: "Morrerás esmagado por unha casa".

Intentando eludir o seu destino trasladouse a vivir fóra da cidade, ao campo. Alí vivía feliz, cando ocorreu algo imprevisto. Unha aguia planeaba cunha tartaruga entre as súas garras, buscando unha roca contra a que soltar a tartaruga e poder darse un festín ao romper o caparazón. Esta aguia non debía ser un lince, visualmente falando, e confundiu a cabeza calva de Esquilo cunha roca. Así que soltou a tartaruga contra a cabeza e o resultado... Non fai falta dicir como quedou o bo de Esquilo.

Ironías do destino, aquela aguia ao deixar caer a tartaruga, a cal leva a súa casa ao lombo, esmagándolle a súa cabeza, fixo que se cumprise a predición.