O 25 de xaneiro de 1988 o matrimonio Lonergan, Tom e Eileen, saíron a practicar submarinismo na Gran Barreira de Coral, a 25 millas da costa de Queensland (Australia). O grupo estaba formado por 26 persoas. Estiveron facendo varias inmersións e a media tarde, sobre as tres, fan a súa última inmersión. Cando emerxen á superficie o barco desaparecera.
Un erro á hora de contar o grupo fai que Geoffrey Nairn, capitán do barco, mande poñerr rumbo a terra (ninguén do grupo nin da tripulación bótaos en falta). Tras dous días o capitán do barco descobre unha bolsa con pertenzas dalgún turista. Cando a abre atopa o pasaporte e a billetera de Tom Lonergan. Estrañado, porque ninguén o reclamou, ponse en contacto co hotel dos Lonergan. Alí ninguén os viu desde fai dous días. Prepárase un grupo de rescate pero non aparecen.
Tras 48 horas no mar, cunha calor sufocante e sen auga, a morte por deshidratación era segura (ou quizais as quenllas). O caso é que nunca apareceron.
Para as empresas turíticas da zona era moi mala noticia e, vendo ameazada a súa fonte de ingresos, comezaron a difundir rumores sobre unha posible desaparción preparada ou dun suicidio. O caso é que durante a investigación non se produciron movementos nas súas contas e aínda que algunhas testemuñas aseguraban telos visto despois, nunca se puido confirmar.
En novembro de 1999 foi xulgado o capitán Geoffrey Nairn por homicidio e foi absolto. A súa empresa, Outer Edge Dive, foi xulgada por un tribunal civil en Queensland e declarouse culpable de neglixencia (coa súa correspondente multa). As declaracións do capitán restaron credibilidade aos rumores e sentenciou: "A maior probabilidade é que Tom e Eileen estean mortos".
Pero isto non quedou aquí, a industria de Hollywood utilizou esta traxedia para rodar a película "OpenWater".
>