A cadela chamábase en realidade "Kudryavka," ou "Curly," como a bautizaron os científicos que a adestraron, pero pasou á histoira como Laika, (en ruso "a ladradora" ), o nome dado aos cans de caza Siberianos.
Foi o primeiro animal vivo en orbitar a Terra. Fíxoo a bordo da nave soviética Sputnik 2, o 3 de novembro de 1957, un mes despois de que o satélite Sputnik 1 fose posto en órbita.
Do mesmo xeito que outros animais no espazo, Laika morreu entre cinco e sete horas despois do lanzamento, bastante antes do planeado. A causa da súa morte, que non foi revelada ata décadas despois, foi, probablemente, unha combinación da tensión sufrida polo animal e o quentamento da nave. Aínda que Laika non sobreviviu á viaxe, a súa experiencia demostrou que é posible que un organismo soporte as condicións de microgravedad, abrindo camiño así á participación humana en voos espaciais. Tras Laika, a URSS enviaría ao espazo 12 cans dos cales 5 chegarían vivos de volta á Terra.
O Sputnik 2 non estaba preparado para regresar á Terra, polo que xa se sabía que Laika non sobreviviría á viaxe. Os científicos soviéticos planearon darlle comida envelenada, que Laika consumiría logo de dez días. Con todo, a sorte do animal non foi a que se lle planeou. Durante anos, a Unión Soviética deu explicacións contraditorias sobre a morte de Laika, dicindo ás veces que a cadela morrera por asfixia cando as baterías fallaron, ou que recibira eutanasia conforme aos plans orixinais.
En 1999, fontes rusas aseguraron que Laika sobreviviu polo menos catro días, e despois pereceu polo sobrecalentamiento da nave. En outubro de 2002 un científico que traballou na misión Sputnik 2, revelou que a cadela morreu do shock e calor exhaustiva só horas despois do lanzamento.
Logo de Laika, ningunha outra misión tripulada por cans foi lanzada sen que existise un sistema para o retorno seguro do animal.
O seu adestrador, Oleg Gazenko, lamentábase anos despois do fatidico destino de Laika: "Canto máis tempo pasa, máis lamento o sucedido. Non debimos facelo....nin sequera aprendemos o suficiente desta misión, como para xustificar a perda do animal".