Animais na histoira (3). Bucéfalo

Bucéfalo foi o cabalo máis famoso da Antigüidade. Viviu fai máis de 2.300 anos. O seu nome significa "cabeza de boi", e chamóuselle así por mor da anchura da súa fronte, cunha estrela branca, e a súa cara algo redondeada. Aínda que non dunha estatura elevada, fíxose famoso por levar ao seu amo, Alexandre Magno,a través de todas as súas campañas en Asia.

O primeiro encontro de Alexandre con Bucéfalo foi cando aquel tiña só doce anos. Cando o seu pai, o rei Filipo de Macedonia, estaba á compra de cabalos, trouxéronlle a Bucéfalo, que empezou a actuar dun xeito salvaxe, saltando e couceando ao seu arredor. Como ninguén parecía capaz de sometelo, Filipo ordenou que llo levaran de alí, por imposible. Ao ver que o ían levar, Alexandre exclamou:
- Que pena que un exemplar tan magnífico pérdase pola incompetencia dalgúns
.
Filipo respondeulle:
- Cres que ti poderías facer o que estes homes con máis idade e experiencia non puideron?
. Ao que Alexandre respondeu:
-Eu serei capaz de facelo
.

Ninguén o creu. Pero Alexandre observou que o cabalo estaba asustado da súa propia sombra, polo que se colocou de forma que se enfrontase ao sol e non ollase a súa sombra. Entón Alexandre agarrouse á crin e saltou sobre a grupa de Bucéfalo. Acariñándoo e falándolle suavemente, Alexandre cabalgou enfronte do seu pai con moito orgullo. Filipo, impresionado, pagou un bo prezo polo cabalo e deullo ao seu fillo Alexandre, dicíndolle: - Fillo, busca un reino que se iguale á túa grandeza, porque Macedonia é pequena para tí.
A partir de entón, Bucéfalo deixou que os criados se ocupasen del, pero só consentiu ser montado por Alexandre.

Os xinetes daquela época non usaban cadeiras de montar, senón só unha especie de manta, e mais as bridas. A pesar da incomodidade de cabalgar deste xeito, Alexandre e Bucéfalo percorreron miles de quilómetros, e loitaron en moitas batallas. En certa ocasión uns ladróns roubaron a Bucéfalo durante a noite, e cando se decataron do enfado de Alexandre, devolveron o cabalo.

A pesar de cabalgar durante tanto tempo e en tan perigosas circunstancias, Bucéfalo viviu moitos anos.
Morreu no ano 327 a.C. a consecuencia das feridas sufridas na batalla contra o rei indú Porus no río Hidaspes, á idade de 30 anos. Foi enterrado con todas as honras militares. Nese lugar, Alexandre fundou a cidade de Bucefalia. Alejandre recoñecía que a Bucefalo debíase unha gran parte do seu éxito nas guerras de Asia.