Blondi (1930 - 1 de maio de 1945), cadela de raza pastor alemán que pertenceu a Adolf Hitler e foi sacrificada o 1 de maio de 1945.
Blondi, que foi regalada a Hitler por Martin Bormann en 1941, apareceu co seu dono en moitas fotografías e filmaciones realizadas por Eva Braun.
Permaneceu co ditador alemán ata despois do traslado a Führerbunker durante a caída de Berlín, sendo así que en abril de 1945 Blondi tivo unha camada de 5 cachorros co pastor alemán de Gerdy Troost, de nome "Harrass". Adolf nomeo a un dos cachorros "Wolf" (lobo).
Segundo testemuños Hitler mantiña a Blondi en todo momento ao seu lado. A esta cadela ata lle estaba permitido durmir no dormitorio do seu amo no búnker ocupado polo político.
Blondi foi sacrificada pouco tempo antes do suicidio de Hitler nos xardíns do búnker da Cancillería en Berlín, nos últimos días do Terceiro Reich, cando lle foi introducida unha cápsula de cianuro que , dous días despois, tamén empregaría o ditador no seu. Presumiblemente Hitler ordenou este acto para evitar a tortura da súa mascota, pensando que os rusos empregarían esa actitude como un método para desafogar o odio que sentían cara a el.
Logo da caída de Berlín, os soviéticos atoparon os corpos sen vida de Blondi e un dos seus cachorros; descoñécese que foi o que pasou coas restantes crías.