Torres inclinadas

A Capela de Suurhusen
A Capela de Suurhusen é u
nha capela cun campanario construído en Suurhusen, un pequeno pobo de Alemaña. A capela data do século XIII, aínda que o seu campanario foi construído en 1450. O mesmo que no caso da popular Torre de Pisa, o campanario da igrexa de Suurhusen foise ladeando co paso dos anos. A capela alemá de Suurhusen logrou superar o record que ostentaba a Torre de Pisa como a construción máis inclinada. Polo menos, iso é o que certificou o Libro Guinness das marcas. En concreto, a torre da capela alemá ten unha inclinación de 5,07º, contra os 3,97º da Torre de Pisa, a súa outra rival en inclinación. A inclinación débese a que os pilotes de madeira que fan de cimentos podreceron a consecuencia da variación de humidade do terreo no que se atopa. A torre foi pechada ao público en 1.975 por risco evidente de derrube, pero tan só 10 anos despois e tras un reforzo na cimentación foi aberta. Esta considerada a torre da antiguedad máis inclinada do mundo.

Torre de Pisa (Italia)
A Torre Inclinada de Pisa é o campanario da catedral de Pisa. Foi construída para que permanecese en posición vertical pero comezou a inclinarse axiña.A súa construción comezou en agosto de 1173 e rematou 200 anos máis tarde. A altura da torre é de 55,7 a 55,8 metros desde a base, o seu peso estímase en 14.700 toneladas e a inclinación de 4,5 m da vertical. A torre ten 8 niveis, unha base de arcos cegos con 15 columnas, 6 niveis cunha columnata externa e remata nun campanario. A escaleira interna en espiral ten 294 chanzos. O enderezamiento da torre foi algo que sempre se intentou pero que ata non fai máis de 7 anos non se conseguiu, deixando a variación máxima fixada en 3,9 metros. Tras probar varios sistemas, algúns dos cales fixérona inclinar máis aínda, o máis eficaz foi o que a primeira ollada parece máis lóxico: quitar terra da parte máis elevada, facendo así que asente. A súa supervivencia está garantida en polo menos outros 300 anos.

Torre de Zabkowice Slaskie


Situada na poboación polaca de Zablowice Slaskie, antes coñecida como Frankenstein. É o histórico fogar da familia Frankenstein. Durante a súa viaxe por Europa, Mary Shelley coñeceu a un membro desta familia, quen debeulle causar unha profunda impresión á nova escritora, ata o punto de poñerlle ese nome a súa novela.
A torre ten unha altura de 34 m e unha inclinación sobre a vertical de 2,14 m
 (en 1977 era de 1,98 m). A data exacta da súa construción é descoñecida pero no século XV xa estaba edificada. Orixinalmente parece que formaba parte dun edificio defensivo tipo castelo ou fortaleza. En 1.558 un corremento de terras orixinou a súa inclinación. Considerouse o seu derrube polo perigo que representaba a súa inclinacón pero tomouse a decisión de substituir a cúpula metálica orixinal por un acabado a base de ladrillo. Despois da Segunda Guerra Mundial a súa conservación foi moi deficiente peo a partir dos anos 60 xa houbo una maior preocupación pola súa conservación e hoxe permace aberta ao público.


Torre de Torun
Está situada na poboación polaca de Torun (cidade natal de Nicolás Copérnico). Esta cidade medieval é Patrimonio da Humanidade dende o ano 1.997. A torre foi construída entre os séculos XIII e XIV cunha altura inicial de 15 metros e cunha inclinación de 1,5 m sobre a vertical. Está situada xunto ás murallas da cidade. Unha galería conectaba a muralla coa torre para os intercambios dos gardas. A torre comezou a inclinarse ao pouco de ser construía a consecuencia do terreo arenoso sobre o que se atopa. Na actualidade ten unha inclinación duns de 5º. No século XVIII deixou de desempeñar unha función defensiva e converteuse nun cárcere de mulleres. No século XIX foi reconstruída. Na segunda metade do século XX converteuse nun edifio de apartamentos e na actualidade é un... bar.

Torre de Kilmacduagh
Kilmacduagh, é un complexo monástico (igrexa, cemiterio e a torre) situado nos arredores de Gort, condado de Galway en Irlanda. A súa construción orixinal data do século XI. A torre de Kilmacduagh é de planta circular, ten 30 m de altura, unha circunferencia de 17, 86 m e un diámetro exterior de 5,68 m. As paredes teñen cáseque 2 m de espesor. A porta de entrada é dunha extraordinaria altura: 7 m. Ten máis ventás que ningunha outra torre de Irlanda: 11. Foi restaurada en 1880. En excavacións feitas na súa base atopáronse esqueletos, o que confirma que a torre foi construída nun cemiterio existente. Na torre había unha campá pero hoxe non se conserva, contan os do lugar que foi tirada a un lago que está preto. Estas torres eran utilizadas polos monxes para gardar reliquias e para protexerse dos ataques dos viquingos ou pobos non cristiáns. Os viquingos invadían Irlanda en busca de ouro.
O Castelo Caerphilly


É una fortificación normanda situada no centro da pequeña cidade de Caerphilly. É o castelo máis grande de Gales e o segundo máis grande en Gran Bretaña despois do Castelo Windsor. Así mesmo, é unha das fortalezas máis grandes de Europa e atópase rodeado de lagos pouco profundos para diminuír o avance dos atacantes e previr a construción de túneles. Foi construído entre os anos 1268 e 1270. A diferenza da maioría dos castelos galeses, o de Caerphilly non foi construído por Eduardo I de Inglaterra nas súas campañas de destitución dos señores galeses, senón por Gilbert “O Vermello”, un poderoso, nobre liñaxe normando. Gilbert mantivo o control do castelo ata o reinado de Eduardo I de Inglaterra (1272-1307). Cando en cinco ocasións non acudiu á chamada do Rei, foi desposuído do seu Señorío e as súas terras foron invadidas polo Rei Eduardo. A súa torre oeste ten 20 m de altura e presenta unha inclinación de 3 m sobre a vertical. Non se sabe de certo cal é o motivo desta inclinación, sendo posiblemente unha mestura entre a blandez do terreo sobre o cal foi construída e os danos inflingidos polo exército parlamentario en 1648.

Faro de Calahonda


Situado na localidade de Calahonda (Granada). Trátase dunha torre que albergou un faro e que ten a peculiaridade de estar inclinada, aínda no seu interior consérvanse as escaleiras que subían ata o mesmo. Edificouse na segunda metade do século XVI cunha estrutura distinta da que adquiriu despois. Atópase na punta de area, que une as praias de Carchuna e Calahonda. É de figura tronco cónica e planta circular. Todo o exterior está construído de mampostería moi ben executada, formando fiadas regulares, cuberta por enfoscado de morteiro de cal, do quese conservan restos. A estancia cóbrese cunha extraordinaria bóveda de sillería de belo despezamento. Albergaba no seu interior, a pesar dos seus aparentes limitadas dimensións, un equipo formado por cabo de torres e tres torreros, e crese que tres soldados máis. Estaba dotada de dous canóns, aínda que máis tarde viuse a necesidade de construír aos seus pés unha batería, debido á importancia do porto que defendía. A partir de mediados do século XIX, utilizouse como faro para orientar aos barcos que se achegaban ata o porto de Calahonda. Pénsase que a partir de 1855 comezou a inclinarse.Hoxe é habitual ver alí a artistas que non se resisten a plasmar nos seus lenzos a súa presenza no atardecer.

Torre de Nevyansk
Situado na localiade de Nevyansk (Rusia).Esta cidade foi fundada a comezos do século XVIII polo zar Pedro "O Grande". Aínda que non se coñece o ano exacto da súa construción, esta data debeu ser entre 1720 a 1730. Foi encarga polo industrial ruso Akinfiy Demidov. Ten unha altura de 57, 5 m. A torre está inclinada 2,20 sobre a vertical. Nesta cidade de Rusia mantense que a inclinación da torre foi por un capricho arquitectónico do seu construtor. A súa estrutura está, aparentemente, concibida para actuar como pararraios: unha esfera con puntas no alto directamente conectada a unha trama metálica que se afunde nos cimentos.

Torres de Boloña

Entre os séculos XII e o XIII o número das torres edificadas foi enorme. Chegouse a mencionar a cifra de 180.
Os motivos polos que se levantaron tantas torres non están claros. Téndese a pensar que as familias máis ricas da cidade, nunha época marcada polas loitas entre as faccións adeptas ao papado e ao imperio, utilizáronas como un instrumento de ataque e defensa, e sobre todo, como símbolo de poder.
Ao longo do século XIII moitas torres foron demolidas, e algunhas se derrubaron. En épocas sucesivas, foron utilizadas de modos diversos: como cárceres, comercios ou lugares de estancia. As últimas demolicións producíronse en pleno século XX, en concreto no ano 1917, cando as torres Artenisi e Ricardonna foron demolidas, en aras dunha nova planificación urbanística.
Garisenda e Asinelli son dúas torres situadas na italiana cidade de Bolonia foron levantadas en torno ao ano 1.100 e a súa historia é cando menos curiosa: A máis alta delas tiña orixinalmente unha altura de 60 metros, pero foron ampliados ata os 97,6 actuais, mentres que a máis baixa orixinalmente era de de 60 metros, pero a tiveron que recortala debido a que 300 anos logo da súa construción o terreo comezou a ceder, quedándose nos 48 m que ten na actualidade.


Torre de Teluk Intan
Esta torre está na localiade de Teluk Intan en Malasia e foi edificada no ano 1.885; sendo o seu arquitecto o chinés Leong Choon Cheong. Catro anos despois da súa construción comezou a inclinarse debido a unha corrente de auga subterránea. A torre foi utilizada orixinalmente como unha torre de auga que abastecen á cidade. Había un reloxo na parte superior, que aínda hoxe soa cada 15 minutos. A torre tamén servía como un faro para guiar aos barcos

Campanario de Bristol


Situado en Bristol (Reino Unido). É un edificio do século XV. Comezou a inclinarse ao pouco de rematar a súa construción. Coñéceselle como a igrexa do Temple, xa que foi construído no area da igrexa oval da Orde do Temple, suprimida en 1312. Xusto antes ou xusto logo desta supresión da igrexa foi reconstruída nunha planta rectangular e serviu como igrexa parroquial. O sitio foi escavado e o contorno oval do que foi a igrexa dos Templarios preséntase agora no céspede.
A torre, que se eleva a 114 pés (35 m), foi construída en dúas partes, a primeira en 1390. A construción foi parada cando a torre comezou a inclinarse ao Oeste, pero cara a 1460 a cidade estaba satisfeita de que a torre fose estable que na sección final ata lle foi engadido un campanario. A inclinación que popularmente se atribúe aos cimentos da torre, construída sobre sacos de la podendo ser uns dos motivos, pero o máis probable é debido á arxila branda debaixo de aluvión que se comprime. Na Segunda Guerra Mundial, despois de sufrir un bombardeo alemán, os enxeñeiros do exército inglés puxéronlle cargas explosivas para tirala abaixo. Cando ían producir a explosión que acabaría coa torre no chan, achegouse a eles un habitante da cidade e preguntoulles que estaban a facer. Os enxeñeiros dixeron que a torre era perigosa dada a súa inclinación e que ían proceder a derrubala. O habitante respondeulles: "Se leva así 500 anos e sobreviviu a un bombardeo, mellor deixádea estar". O razoamento convenceu aos enxeñeiros que retiraron as cargas explosivas e deixaron a torre. Hoxe aínda segue no seu emprazamento e sen perigo de derrube.



Campanario de Santa "Eugenia"
A igrexa de Santa "Eugenia" de Nerellá atópase na localidade de Nerellá pertencente ao concello de Bellver na comarca da Baixa Cerdaña (Cataluña). A igrexa actual está construída sobre a antiga románica, reformada na segunda metade do século XVIII aproveitando a estrutura anterior O campanario orixinal é de torre de planta cadrada de 3,40 metros por lado, con catro niveis, o da base é liso cunha pequena fiestra, o segundo esta decorado con tres arcos cegos de estilo lombardo e as esquinas sobresaídas con pilastras, o terceiro corpo está formado cun gran arco cego e unha fiestra continuando as esquinas igual que no segundo nivel, o último piso presenta en cada cara unha fiestra de arco de medio punto de 1,50 x 1,990 metros e a cuberta é a dúas augas. Está fortemente inclinada cunha inclinación sobre a vertical de 1,20 metros. A súa altura é de 18,50 metros. Por esta característica é coñecida como a torre de Pisa da Cerdaña.
Campanario de San Apolinar o Novo


Está na localiade italiana de Ravena. A Basílica de San Apolinar o Novo foi erixida polo rei ostrogodo Teodorico o Grande (474-526) na cidade de Rávena a finais do século V e comezos do século VI.
En orixe este templo que era de culto arriano estaba dedicado a Cristo Salvador, pero cando os bizantinos conquistaron Rávena cara ao 560 o templo pásase á ortodoxia católica, dedicandose a San Martín. Xa no século IX terminará dedicandose a San Apolinar, xa que se trouxeron as reliquias do santo desde Calsse.
O campanario está situado á esquerda da igrexa de San Apolinar Novo (San Apollinare Nuovo). É unha construción cilíndrica que se edificou entre os anos 850 e 678 (século IX). O material de construción empergado foi o ladrillo.
Tamén son moi interesantes os mosaicos que decoran as paredes da igrexa.

Torre de Oldehove É unha torre dunha igrexa sen rematar no centro medieval da cidade de Leeuwarden (Países Baixos). A súa inclinación é superior á torre de Pisa en Italia. A construción da torre iniciouse en 1529, despois de que os cidadáns de Leeuwarden esixiran unha torre máis alta que a da cidade de Groningen, a torre Martini. O arquitecto foi Jacob van Aken (ou Aaken) e, logo da súa morte, continuou o proxecto o arquitecto Cornelis Frederiksz. Durante a súa construción, a torre comezou a afundirse e o proxecto foi detido en 1532. En 1595-1596, a igrexa foi derubada e logo abandonada, pero deixaron en pé a torre. Está construída con ladrillo e pedra.

Igrexa Oude Kerk


Situada na cidade de Delft (Países Baixos), coñéceselle o nome de Oude Kerk que significa vella igrexa. É o máis antigo de todos os templos da cidade. A construción da súa torre, de planta cadrada, realizouse entre os anos 1325 e 1350 e como non había suficiente espazo entre a igrexa e a canle, tívose que desviar este, quedando así parte da cimentación sobre o terreo natural, máis competente, e parte sobre o recheo da canle, máis deformable. As fiestras son novas, feitas polo vidreiro Joep Nicolas século XX, a igrexa perdeu as súas vidreiras orixinais tras unha explosión en 1654. A igrexa tamén ten varias tumbas notables, entre eles o do pintor Vermeer e moitas outras figuras importantes.
A súa torre mide 75 metros de altura e ten unha inclinación de 2 m sobre a vertical. En 1843, ante o perigo que representaba a súa inclinación, propúxose derrubar a torre ata a altura do tellado da igrexa. Os habitantes da cidade opuxéronse o que evitou que a acción se levara adiante. A derradeira vez que se restaurou a torre foi no ano 1995.