San Andrés. Soto de Bureba (Burgos)
Metade galo e metade serpe, a cocatriz é un dos animais máis temible do bestiario medieval, xa que como o seu parente, o basilisco, pode petrificar a persoas e animais cunha soa ollada.A diferenza do basilisco,o seu parente próximo, que era coñecido desde a antigüidade, a cocatriz non aparece no bestiario ata a Idade Media.
Esta criatura demoníaca nace do ovo dun galo de sete anos, posto sobre estiercol e incubado por un sapo durante corenta dias, en canto sae do cascarón, a cría de cocatriz devora ao batracio que a quentou pacientemente co seu corpo, o inicio na vida que resulta tan cruel como o resto da súa existencia.
En efecto, a cocatriz profesa un odio feroz a todos os seres vivos e posúe o perigoso poder de petrificar a aqueles que se crucen coa súa mirada.
Pola súa aparencia, pode parecer inofensiva. A súa envergadura non supera á dun galo normal, ten o corpo e a cola de serpe, a cabeza, as patas e as ás de galo aínda que estas últimas rematan en garras.
Vive enclaustrada na profundidade de grutas ou covas moi húmidas, e é cando sae da súa escura gorida, cando se revela o seu verdadeiro poderío devastador, xa que o seu alento
venenoso mata ao instante toda a vexetacion que haxa a súa arredor; agás unha planta moi coñecida polos magos, a ruda (Ruta Graveolens) que, pola contra, prospera na atmosfera fétida que rodea á temible besta.
Convén ser extremadamente prudente para enfrontarse a unha cocatriz xa que só os galos e as donicelas son insensibles ao poder mortal dos seus ollos.A propia cocatriz non pode resistirse a el e se se lle pon diante un espello sucumbirá tamén á súa propia mirada. Por ese motivo este obxecto é indispensable para aqueles que desexen combater ao monstro. Tamén é posible proverse dun galo cuxo canto é fatal para a cocatriz.
Aínda logo de morta conserva o temible poder da súa mirada letal.
Cocatriz.....