Federico naceu no ano 1123, no seo dunha das familias máis importantes de Alemaña. O seu pai era o Emperador do Imperio Romano Xermano, cargo de carácter electivo entre os nobres máis importantes do país. Aproveitando a reputación do seu pai e a súa influencia, conseguiu ser o seu sucesor.
En Alemaña o seu reinado caracterizouse pola prosperidade e a paz interna, logrando acabar co bandolerismo e as guerras entre nobres, aplicando fortes medidas de castigo contra os nobres desobedientes. Por iso, "Barbarroja" simboliza o apoxeo da Alemaña Medieval.
Cando xa era un ancián, decidiu intervir na terceira cruzada. Despediuse do seu pobo, que lle adoraba e levou un gran exercito alemán ata Terra Santa, onde debía reunirse co rei inglés Ricardo Corazón de León e o rei Francés Felipe II Augusto.
Tras cabalgar polo deserto, en busca de Terra Santa embutido nunha pesada armadura, chegaou ao rio Saleph (actual Turquía), tanta era a sede que tiña que se lanzou ao auga esquecendo que levaba a armadura posta e iso resultoulle fatal... acabou afogado.