Braza, cuarta, pé, vara...



Son unidades de medida de lonxitude que se empregaron ata que se adoptou o sitema métrico; aínda hoxe se seguen a empregar nalgúns países.Son medidas antropométrica (partes do corpo) polo que tiñan distintas medidas segundo a zona.Imos facer un pequeno repaso axudados polo Home de Vitruvio, o famoso estudo das proporcións humás que realizou Leonardo da Vinci.

# A Vara que pode ir desde a punta dos dedos á axila(flamenga 69 cm) ou alargarse ata o cóbado do brazo contrario (francesa 137cm). A Vara Castelá, a máis usada na península durante moito tempo, medía 83cm.

# A Iarda comprende da punta dos dedos ata o peito, aproximadamente 91, 44 cm (3 pés).

# O Cóbado desde a punta dos dedos ao cóbado e varía moito segundo zonas e tamén épocas. Vai desde os 42 cm aos 67cm.

# A Cuarta ou palmo, desde a punta do pulgar ao dedo meñique. Mide uns 23 cm.

# A Braza equivale á lonxitude dos brazos estendidos. A Braza española mide 1,67 m e a Braza inglesa 1,82 m.

# Tamén estaban a Palma, a anchura da palma da man cos dedos xuntos, duns 10 cm e polo que temos que 18 palmas eran unha Braza.

# O equivalente a uns 30,5 cm (6 pés=1 Braza).

# E finalmente a Polgada que é a medida da anchura do dedo pulgar, e máis especificamente á súa primeira falanxe. Unha polgada equivale a 2,5 cm (emprégase hoxe para indicarnos a medida da diagonal das pantallas de tv).
Fonte: Wikipedia