Segue a ler para coñecer o seu nome e a súa utilidade (se queres ver a imaxe máis grande pasa o rato por enriba dela).
A auga, a area e o lume empregáronse, ao longo da historia da humanidade, para construír instrumentos que medisen intervalos de tempo.
# As clepsidras ou reloxos de auga datan da antigüidade exipcia e usábanse especialmente durante a noite, cando os reloxos de sombra non servían. As primeiras clepsidras consistiron nunha vasiilla de barro que contiña auga ata certa medida, cun orificio na base dun tamaño suficiente como para asegurar a saída do líquido a unha velocidade determinada e, polo tanto, nun tempo fixo. O cuenco estaba marcado con varias raias que indicaban a hora nas diferentes estacións do ano. Os reloxos de auga tamén se usaron nos tribunais atenienses para sinalar o tempo asignado aos oradores e contan que o filósofo Platón inventou un reloxo de auga moi eficiente. Máis tarde foron introducidos nos tribunais de Roma co mesmo obxecto, ademais de usalos en campañas militares para sinalar as gardas nocturnas. O reloxo de auga exipcio, máis ou menos modificado, seguiu sendo o instrumento máis eficiente para medir o tempo durante moitos séculos.

# Os reloxos de area funcionan baixo o mesmo concepto físico das clepsidras, é dicir, permiten que a gravidade faga fluír unha cantidade establecida de area para determinar distintos intervalos de tempo. Neste tipo de reloxos, a area atópase contida nun recipiente de vidro (que consiste en dous vasos comunicados) que se voltea cando termina de pasar o último gran do material. A orixe dos reloxos de area é incerto, crese que os exércitos romanos utilizábanos durante a noite; tamén se dixo que foron inventados por un monxe francés ao final do século VIII. Nesa época, Carlomagno, o rei dos francos, tiña un tan grande que só tiña que voltearse cada 12 horas.
# Os romanos utilizaban "velas do tempo" que medían o tempo a partir de marcas con números que se alcanzaban segundo a vela se ía consumindo co paso das horas.