Morte por aguantar as ganas de facer pis.
Tycho Brahe naceu en Escania (actual Suecia, pero nesa época pertencía a Dinamarca) o 14 de decembro de 1546 e morreu en Praga o 24 de outubro de 1601, astrónomo danés, considerado o máis grande observador do ceo no período anterior á invención do telescopio.
O nobre e astrónomo danés Tycho Brahe era un personaxe interesante. Tiña por mascota un alce que morreu ao caer escaleiras abaixo tras emborracharse con cervexa, e baixo a súa mesa sentaba un bufón anano chamado Jepp ao que Brahe atribuía dotes de clarividencia. Tycho tamén perdeu a punta do seu nariz nun duelo con outro nobre danés e tivo que usar un nariz falso feita de prata e ouro, pero esa é outra historia.
Dise que Tycho tivo que aguantarse as ganas de ir ao baño durante un banquete particularmente extenso en 1601 (levantarse no medio dunha cea era considerado como algo realmente ofensivo), a tal punto que o seu vexiga, levada ao límite, desenvolveu unha infección pola que morreu.
A lenda pasou ao acervo checo como frase feita que serve para levantarse da mesa: "Descúlpenme, pero non quero acabar como Tycho Brahe".
Análises posteriores suxeriron que Tycho morreu en realidade por envenenamiento con mercurio, pero esa conclusión non é tan interesante como a historia orixinal.