Houbo unha época na que os discos dos ordenadores aínda non eran duros, os monitores eran en branco e negro ou "fosforitos", os ratos tiñan como inimigos aos gatos e os comandos de MS-DOS (copy, xcopy, deltree, md, cd, … ) eran a única maneira de "comunicarse" cos ordenadores porque non había ventás (windows) que abrir.
Nesa época tamén había xogos, xogos que ocupaban KiloBytes (KB) e non GigaBytes (GB) como ocorre cos xogos na actualidade e mesmo xa había xogos que se chamaban 3D (Wolfenstein 3D). Dalgúns aínda se seguen a facer versións na actualidade (Prince of Persia) e outros séguense a xogar nos teléfonos móbiles, consolas...
Xa había multitude de títulos, algúns lexendarios como: Another world, Arkanoid, Battle chess, Block out, Body Blows, Bubble Bobble, California games, Cannon fodder, Car & driver, Commander Keen, Cool spot, Desert Strike, Doom, Double Dragon, Dragon's Lair, Dynablaster, Eco Quest, Gods, Golden axe, Grand Prix, Incredible Machine, Indiana Jones, James pond, La abadia del crimen, Larry Laffer, Lemmings, Lotus the Ultimate Challenge, Maniac mansión, Mortal Kombat, MicroMachines, Narco Police, Operation wolf, Out run, Pac man, Pang, Pinball Dreams, PC-Fútbol, Pipemania, Prehistorik, Prince of Persia, Push over, Realms of chaos, Simon the sorcerer, Sky Roads, Street fighter, Tetris, The lost vikings, The secret of Monkey island, Titus the Fox, Tyrian 2000, Volfied, Wolfenstein 3d, Worms, Xenon, Zool Ninja, …
Senon che soan eses títulos ou queres saber de que ían eses xogos premede aquí.