Personaxes: O home de Tiananmen


É o home anónimo que detén os tanques. O incidente tivo lugar na Gran Avenida da Paz Eterna, a uns 200 metros de distancia da praza de Tiananmen, en Pequín, o 5 de xuño de 1989, un día despois de que o goberno chinés empezase a reprimir violentamente as protestas democráticas.


O home mantívose só e en pé mentres os tanques aproximábanselle sostendo dúas bolsas similares unha en cada man. Mentres os tanques ían diminuíndo a marcha, el facía xestos para que se fosen. En resposta, o tanque situado na cabeza da columna intentou sortealo; pero o home interpúxose repetidamente no seu camiño, demostrando unha tenacidade e resistencia enormes. Tras isto os tanques detivéronse e o individuo subiu enriba do primeiro tanque, e sostivo unha conversación co condutor. A conversa puido ser a seguinte: "Por que están aquí? A miña cidade é un caos pola súa culpa"; "Retrocedan, dean a volta e deixen de matar á miña xente"; ou "Váianse". Logo, varios civís empuxaron ao home entre a multitude, mentres os tanques seguían o seu camiño. Moitos sospeitan que eran, en realidade, forzas de seguridade sen uniforme.


Hai especulacións, pero con certeza non se sabe a súa identidade nin que lle pasou despois de protagonizar o incidente. O seu xesto pasou a posterioridade como símbolo do movemento democrático chinés. Este feito aconteceu durante as protestas de estudantes contra o partido comunista chinés en defensa dunha maior liberdade para a poboación chinesa.

Preme na icona para ver o vídeo