A moza da dereita chámase Nili e ten 16 anos, intenta con todas as súas forzas pechar o paso aos axentes de policía enviados polo goberno israelí para desaloxar Amona, un asentamento ilegal xudeo preto de Ramala en Cisxordania.
Amona era un dos 24 asentamentos ilegais que os xudeus foron levantando a partir do ano 2.001 en territorio palestino. O goberno israelí, para impulsar o proceso de paz cos palestinos, comprometeuse a desmantelar estes asentamentos, o desaloxo comezou por Amona. A operación, a cargo duns 6.000 axentes de policía e soldados armados con bastóns e gases lacrimóxenos, comezou no medio de duros enfrontamentos con centenares de radicais israelís que trataban de resistir o desaloxo.
Aínda que que non podemos compartir a ilegalidade que defende a protagonista; pero se ollamos só a fotografía, esta tramítenos a valentía e a determinación dunha rapaza na defensa da terra que ocupa. Semella, polo lugar no que se produce, a loita de David contra Goliat pero as circuntancias non favorecen que apoiemos ao máis débil.
A fotografía foi realizada por Oded Bality,fotógrafo israelí da axencia Associated Press, sendo merecedora do premio Pulitzer de xornalismo. Balilty captou a imaxe o 1 de febreiro do 2006.