Personaxes: August Landmesser

Para ver a imaxe a maior tamaño preme na icona

O home que se cruzou de brazos e non saudou a Hitler. O protagonista deste atrevemento foi August Landmesser.

A fotografía foi tomada durante a visita de Hitler aos estaleiros de Blohm und Voss de Hamburgo en 1936. Hitler asistía á botadura do veleiro (hoxe barco escola da marina alemá) "Horst Wessel". August Landmesser decidiu cruzarse de brazos e non saudar ao paso do Xefe de Estado cando milleiros de persoas o saudaban. Pero o que non sabía era que lle estaban a sacar unha fotografía.


August ingresou en prisión en 1938 e aínda que pareza incrible, non foi por esa fotografía. Ingresou en prisión por desafiar a famosa Lei Rassenschande ("deshonra da raza") ao casar e ter dúas fillas cunha muller de orixe xudea. A partir desa data non se soubo nada máis del; aínda que é fácil imaxinar a sorte que correu. As súas dúas fillas sobreviviron á guerra.

Ata 1991 non se soubo que o personaxe da fotografía era August Landmesser. Unha das súas fillas recoñeceuno cando viu a fotografía nun xornal antigo.