Axuda Feito pola Humanidade (Romanos)


En “Feito pola Humanidade (Romanos)” están recollidas as seguintes clases de obras:

Acueduto, anfiteatro, arco, basílica, biblioteca, casa, circo, cloaca, columna, columnata, domus, encoró, estatua, estatua ecuestre, fonte (ninfeo), horrea, lápida, mercado, mosaico, muralla, palacio, panteón, pirámide, ponte, porta, rúa, sepulcro, teatro, templo, terma, túnel, vila.

As poboacións das que aparecen recollidas algunas obras son as seguintes:

Alcántara (Toledo), Amman (Xordania), Ancona (Italia), Baalbek (Líbano) Bath (Reino Unido), Bosra (Siria), Cáparra (Estremadura), Coruña A, Éfeso (Turquía), Éntoma (O Barco), Gerasa ou Jerash (Xordania), Herculano (Italia), Itálica (Sevilla), Leptis Magna (Libia), Larouco (Ourense), Lugo, Medinaceli (Soria), Mérida (Estremadura), Montefurado (Lugo), Nimes (Francia), Orange (Francia), Ostia (Italia), Ourense, Palmira (Siria), Piazza Armerina (Italia), Pompeia ou Pompeya ou Pompeii (Italia), Pula (Croacia), Reino Unido, Roda de Bará (Tarragona), Roma ou Rome (Italia), Rúa A (Ourense), Sabratha (Libia), Segovia, Split (Croacia), Tarragona, Timgad (Arxelia), Tívoli (Italia), Treveris (Alemaña), Viana do Bolo (Ourense). 

Recomendacións:
  • No buscador “Google” selecciona “Imágenes”.
  • Comeza a búsqueda por cada una das poboacións.
  • En cada poboación, polo xeral, hai máis dunha obra.
  • Nas clases de obras emprega a forma castelá cando sexa distinta da galega porque a galega non está moi presente na internet. Nalgunhas ocasións tamén podes empregar a forma inglesa.
  • Recoméndase empregar como navegador "Firefox".
  • Abre, ao mesmo tempo, dúas ventás na pantalla do ordenador: nunha as imaxes do Forum Gigurrorum e na outra o buscador "Google".