Terremoto en Xapón

Os primeiros informes mostran que un terremoto devastador, de 8,9 graos na escala de Richter, arrasou Xapón, a costa oriental da illa máis poboada, Honshu. O evento comezou ás 2:46, a hora de Tokio (0546 GMT) e foi seguido por réplicas graves e tsunamis.

O epicentro do "mega" tremor atopouse a uns 128 km mar adentro, a unha profundidade de 15,2 km, que é realmente pouco profundo.

De acordo cos United States Geological Survey (USGS), as coordenadas exactas do epicentro son 38.322°N, 142.369°E. O punto de orixe atópase a uns 373 km ao nordés de Tokio, a capital do país.


Este terremoto foi moitísimos máis potente (cada grao que ascendemos na escala dóbrase a intensidade do terremoto) que o que sacudiu a Haití o 12 de xaneiro de 2010 que foi de 7º na escala de Richter. Ese terremoto matou a unhas 230.000 persoas, e o seu epicentro foi localizado a 25 km ao oeste de Porto Príncipe, a capital haitiana.

En Xapón polo de agora fálase dun millar de victimas. O resultado final indicarános a diferenza de preparación ante un terremoto entre Xapón e Haiti.