Vocación de San Mateo |
Autor: Michelangelo Merisi "Caravaggio" (Milan 1571 - Porto Ercole 1610)
Cronoloxía: 1599
Escola: Italiana
Estilo: Barroco
Técnica: Óleo
Soporte: Lenzo
Medidas: 322 × 340 cm
Localización: Igrexa de San Luís dos Franceses, Roma (Italia).
A Vocación de San Mateo rememora a designación de San Mateo como novo discípulo O Evanxeo sitúa o suceso en Cafarnaúm e preséntanos ao apóstolo como un recadador de impostos de gran posición social.
A pintura representa a historia que se narra no Evanxeo segundo san Mateo (Mateo 9:9): Xesús viu un home chamado Mateo, sentado no despacho de impostos, e díxolle: «Sígueme», e Mateo levantouse e seguiuno.
Caravaggio desenvolveu a pasaxe bíblica nunha escena de interior. Nun cuarto lóbrego sitúa a San Mateo e os seus catro compañeiros, sentados ao redor dunha mesa, e a Xesucristo e a San Pedro, de pé ambos, á esquerda do grupo. Xesucristo estende o seu brazo e sinala co dedo índice ao elixido.
A pintura representa a historia que se narra no Evanxeo segundo san Mateo (Mateo 9:9): Xesús viu un home chamado Mateo, sentado no despacho de impostos, e díxolle: «Sígueme», e Mateo levantouse e seguiuno.
Caravaggio desenvolveu a pasaxe bíblica nunha escena de interior. Nun cuarto lóbrego sitúa a San Mateo e os seus catro compañeiros, sentados ao redor dunha mesa, e a Xesucristo e a San Pedro, de pé ambos, á esquerda do grupo. Xesucristo estende o seu brazo e sinala co dedo índice ao elixido.
PERSONAXES
Os personaxes da Vocación de San Mateo van vestidos, en claro anacronismo, pola moda do século XVI; agás Crsito e San Pedro que visten unhas roupas máis "bíblicas". A estancia non parece unha oficina de recadar impostos, senón unha taberna; San Mateo e os seus axudantes, máis que funcionarios públicos en acto de servizo, parecen tahúres que se reparten as ganancias logo dunha partida de azar; e os paxes, vistosamente ataviados, introducen, «un ambiente vicioso como o descrito na novela picaresca».
Na escena aparecen 7 personaxes. As figuras principais son as de Mateo situado á esquerda do cadro e a de Xesús no lado oposto. Os centros de atención son as mans de Xesús (iluminadas) e as do apóstolo.
1. Cristo. Co seu sutil alo na cabeza o cal sinala a San Mateo coa man dereita, nunha posición similar á que pintou Miguel Anxo, na Capela Sixtina, a Deus en "A Creación do home".
2. San Mateo. Sorprendido, vese a un santo adulto, barbado, cun chapeu baixo e que abre os ollos e expresa co seu rostro o sorprendido que está de que Cristo o sinale a el, que é o único dos que están na mesa que se dá conta do que iso significa. Coa súa man esquerda sinálase a si mesmo. É neste personaxe onde a luz impacta con maior grao.
3. San Pedro. Vese entre tenebras. Ten unha postura dinámica, semella que está camiñando cara San Mateo. San Pedro aparece de costas, o cal de profundidade ao cadro. Este personaxe foi pintado con posterioridade.
4. Ancián. Funcionario con lentes que se afana no reconto das moedas para reflectilo coa pluma, o tinteiro e o libro de contas que hai encima da mesa.
5. Un mozo (paxe). Aparece noutras obras de Caravaggio xa que era un modelo que el utilizaba. Sobre o cal impacta a luz e a súa cara mira a Cristo. Ten un chapeu con plumas e roupa da época na que se fixo o cadro.
6. Paxe.Vestido segundo a moda do século XVI. Está sentado nunha posición "acrobática".