A rolda de noite |
Título: A rolda de noite.
Autor: Rembrandt Harmenszoon van Rijn (Lieden 1606 - Ámsterdam 1669)
Cronoloxía: 1640
Escola: Holandesa
Estilo: Barroco
Técnica: Óleo
Soporte: Lenzo
Medidas: 359 × 438 cm
Localización: Rijksmuseum, Ámsterdam (Países Baixos).
No cadro aparece a milicia do capitán Frans Banning Cocq no momento no que este dá a orde de marchar ao tenente Willem van Ruytenburch. Detrás deles aparecen os 18 integrantes da Compañía.

O nome actual do cadro data do século XIX, e non é o adecuado, posto que a escena desenvólvese, a pleno sol. A orixe deste título vén dunha equivocación debido a que, nesa época, o cadro estaba tan deteriorado e escurecido pola oxidación do verniz e a sucidade acumulada, que parecía unha escena nocturna. Logo da súa restauración en 1947 e a pesar de seguir chamándolle A rolda de noite, sábese que é unha escena diúrna. Pero o seu verdadeiro título é: A compañía militar do capitán Frans Banning Cocq e o tenente Willen van Ruytenburg.
Rembrandt utiliza o tenebrismo e o claroscuro, creando fortes contrastes entre penumbra e luz. A pesar do realismo co que está concibida a obra, a luz non se presenta de forma uniforme senón que ilumina a certos personaxes e deixa a outros na sombra.
Os tons do lenzo son principalmente, os terras e ocres. Aínda que hai que destacar o vermello, os brancos, amarelos e negros dalgúns traxes.
Sen dúbida, unha obra tremendamente realista pola verosimilitude coa que están representados os personaxes e o movemento que se sente ao observalos, aínda que as figuras non sexan totalmente nítidas. Os rostros, os xestos e as actitudes están captados dun xeito extraordinario, e a pesar de que, no seu momento, pasou desapercibido para a crítica, hoxe en día, é unha das obras máis importantes.
1. Capitán Frans Banning Cocq.Capitán da compañía e figura central que vertebra os eixos do cadro. Coa man indica a orde ao seu tenente e alárgaa ao espectador, incluíndoo na escena. A pesar de evitar unha orde xerárquica na distribución dos membros da milicia, Rembrandt outórgalle a posición predominante que o seu cargo lle reserva.
2. Tenente Willem van Ruytenburch. Tenente da compañía, é o que recibe a orde de preparar a compañía para a formación. Ruytenburch era de baixa estatura, e, para que non quedase moi diminuído xunto ao xigantesco capitán Cocq, Rembrandt reálzao empregando no seu uniforme un ton amarelo que está iluminado por un raio de sol.
3. A nena. É un personaxe crave no cadro, por ser o único feminino e servir de foco de luz. Atópase en penumbra e as sombras non a tocan. Parece un espectro que pouco teña que ver co resto de personaxes. Por esta inusual calidade, moitos críticos ven na nena un retrato de Saskia van Uylenburgh, primeira esposa do pintor, que morreu prematuramente no ano en que foi pintado o lenzo, posiblemente de tuberculose. Saskia era habitual modelo de moitos dos retratos do autor. Viste un traxe amarelo limón e na cintura cólgalle un galo branco con pinceladas azuis. Este era o emblema da compañía, que Rembrandt representou deste singular xeito, en substitución do habitual brasón deste tipo de retratos colectivos.
4. Bloemfeldt (no centro e portando unha especie de chapeu de copa e un bigote falso) entre o grupo de milicianos. Era un actor.
5. Jacob de Roy. Piqueiro. Con chapeu negro, no centro, cara á dereita. Porta unha pica.
6. Rembrandt. Aparece ao fondo da escena e só lle vemos un ollo. É un testigo do acontecemento.
7. Reijer Engelen. Sarxento da compañía. Suxeitando unha alabarda no bordo esquerdo.
8. Alférez portaestandarte.
9. Mosqueteiro. Está cargando o mosquete pero faino de forma incorrecta.
Outros datos:
# O emprazamento orixinal para o que foi pensado o lenzo foi o Gran Salón da sede municipal da Compañía de Arcabuceros da capital holandesa. Este edificio foi destruído e substituído a metade do século XIX polo actual hotel Doelen. En 1715, A rolda de noite trasladouse ao Concello de Ámsterdam na praza Dam. As súas grandes dimensións fixeron que fose mutilado nesta época cando lle foi cortada unha franxa no lateral esquerdo e superior, eliminando a tres dos personaxes da escena. Coñecemos o seu aspecto orixinario debido a diferentes copias anteriores a 1715, entre as que destaca unha copia, obra de Gerrit Lundens e conservada na National Gallery de Londres. Preme aquí para ver a copia.
# Banning-Cocq sostén unha luva por un dedo na súa man dereita con flagrante neglixencia e desgusto. A luva sostida é destra. Dado que a súa man dereita xa está enguantada, a luva sostida non pode ser súa. En tal caso, de quen é?
# O mosqueteiro que está cargando o mosquete estao facenda rematadamente mal, ao revés. Unha imaxe de incompetencia? Ou seica Rembrandt sufriu reprimenda por facer demasiado público aos españois os segredos militares holandeses?
# O cadro foi encargado pola Corporación de Arcabuceros de Ámsterdam a Rembrandt para decorar o seu lugar de reunión. Rembrandt cobrou 1.600 floríns polo traballo e esta cantidade foi pagada polos personaxes do cadro. É dicir, o que quixo saír no cadro, tivo que pagar. Seguramente os dous oficiais que ocupan un lugar destacado rascáronse o peto con máis interese que o resto e así conseguiron pasar á historia.
# Pero a parte dos dous personaxes principais, o resto dos personaxes do cadro teñen diferente importancia e visibilidade no mesmo e polo que parece, isto custoulle algún desgusto e queixa ao autor. Hóuboos que se mostraron descontentos coa súa posición na composición, coa súa pouca presenza na obra final e ata con que o seu rango non se distinguise do todo ben.
# Aparte da mutilación do século XVIII, A rolda de noite foi obxecto dalgúns ataques vandálicos. O 14 de setembro de 1975, un desequilibrado mental atacou a obra cun coitelo facéndolle numerosos cortes en zig-zag. O lenzo foi restaurado con éxito, aínda que pódense apreciarse as pegadas deste atentado. En 1985, un visitante do museo asperxeu a pintura cun "spray" de ácido que levaba oculto. A rápida intervención dos gardas de seguridade e a auga que lle foi pulverizada neutralizaron o ácido que afortunadamente non chegou a tocar o lenzo e só danou o verniz. De novo, a obra foi restaurada por completo.
# O título do cadro ten dous erros xa que a escena representada nin é unha rolda nin é nocturna.