Localización: Non moi lonxe de A Rúa está “A casa do reloxo da auga”.
Encaixado na súa parede, dentro dunda tosca caixa de madeira, hai un reloxo que xa non marca as horas. O reloxo no só indicaba a hora á xente que pasaba por alí senón que era o reloxo “oficial” que sinalaba a hora dos turnos da rega. A súa hora era a que todos tiñan por boa. Este reloxo marcaba as horas para os veciños que regaban coa auga da fonte da Aldea.Noutro barrio do pobo había outro reloxo para os regantes das fontes de O Pacio e Cascaído; este reloxo un bo día desaparecu e nunca máis se soubo do seu paradeiro.