2º ESO: Semana 2

ACTVIDADES
Cando lle mandedes un "whatsapp" a un compañeiro-a de clase preguntádelle se está facendo as actividades de Xeografía e Historia e se a contestación é non. Seguro que sabesdes como "axudarvos" para facelas.
- Libro de texto. Fai a actividade no caderno
  • Interpreta os gráficos: páxina 222 (1º punto) e páxina 226 (1,2 e3). 
  • Saber facer páxina 226 Faino así (1,2,3 e 4). 
  • Claves das páxinas 223 (1 e 3) e 227 (1 e 2)
 - Pirámide de poboación. Título: "Pirámide de poboación: concello do Bolo ano 2019". Xa fixemos unha do concello de A Rúa. Fai a actividade no caderno
Facer o gráfico:  
  1. Dúas liñas paralelas en vertical de 18 cadradiños no centro da folla da libreta deixando tres cadradiños entre elas.
  2. Na parte inferior de cada unda delas, unha liña horizontal de 14 cadradiños para cada lado.
  3. Nas liñas verticais fai unha marca cada dous cadrados e entre as marcas que fixeches vas escribindo. 0-9, 10-19, 20-29, 30-39, 40-49, 50-59, 50-69, 70-79 , +80. Lembra que a numeración faise de abaixo para enriba.
  4. Nas liñas horizontais fai unha marca cada dous cadradiños e vas anotando debaixo da marca de vinte en vinte: 20, 40, 60, 80, 100, 120, 140.
  5. Enriba á esquerda da liña vertical escribes: HOMES e a dereita da outra liña vertical escribes MULLERES.
  6. Completa cos seguintes datos: Homes de: 0-9 (11), 10-19 (20), 20-29 (27), 30-39 (41), 40-49 (32), 50-59 (57), 60-69 (94), 70-79 (98), +80 (48). Mulleres 0-9 (8), 10-19 (13), 20-29 (27), 30-39 (25), 40-49 (35), 50-59 (50), 60-69 (60), 70-79 (94), +80 (125).
  7. Debaixo escribe os seguintes datos: POBOACIÓN TOTAL: 884. HOMES: 448. MULLERES: 436 
- Lecturas comprensivas. Fai a lectura ( "As linguas do mundo en perigo")  e contesta as preguntas de comprensión do texto. Fai a actividade no caderno. Para buscar a lectura (está na páxina 14) preme aquí.