2º ESO: Semana 1

Para comezar comproba que tes subliñado o tema 8 no libro; se non o tes preme aquí.
Vai a Temas 2º ESO" e despois selecciona "Tema 08".


 1. Fai o FORUM do tema 8 se aínda non o fixeches o se queres subir a nota. Segue os mesmos pasos que cando o fais no instituto: preme no folio, escribe tema 8 e o teu nome, captura a imaxe e gárdaa no ordenador. Como algúns alumnos-as xa me enviaron a captura da imaxe ao correo iescosmelopezrguez@gmail.com; os que aínda non o fixeron poden facelo tamén e xa anoto a puntuación.
2,3, 4. Repasa o mapa de Europa: países e capitais.
5. Escribe a poboación de dous países de cada continente (pasa o rato por enriba do país). Fai a actividade no caderno.
6. Escribe o número de habitantes que hai no mundo. Pon a data na que escribiches esa cifra. Fai a actividade no caderno.
7, 8, 9,10. Mira os vídeos e escribe tres frases de cada vídeo. Fai a actividade no caderno.
11. Volve a ver o vídeo e contesta a seguinte pregunta: Que documentación hai que presentar para cruzar a fronteira dende EEUU para ir a México?. Fai a actividade no caderno.
12. Fai a lectura e contesta as preguntas de comprensión do texto. Fai a actividade no caderno.
13. Resume tres curiosidades que che resultaran interesantes. Fai a actividade no caderno.
14. Atopa a solución as preguntas. Non copies nin as preguntas nin os enunciados, só as respostas. Esta actividade é para todos-as os alumnos-as. Fai a actividade no caderno.