Sabías que...? Idade Media: Bábaros, bizantinos e musulmáns



-->
IDADE MEDIA (1): BÁRBAROS, BIZANTINOS E MUSULMÁNS

- Bárbaros para os romanos eran os estranxeiros?

- Os xefes visigodos tiñan que ter pelo longo e barba e que unha noite raparon ó rei visigodo Wamba e o día seguinte deixou de ser rei?

- Atila era un xefe dos hunos e cóntase que por onde el pasaba xa non volvía a medrar a herba?

- Sabías que os musulmáns empezan a contar os anos desde o ano 622 cando Mahoma fixo a peregrinación de Meca á Medina e ademais un ano musulmán non ten o mesmo número de días co cristián; cada 33 anos musulmáns equivalen a 34 anos cristiáns. Para converter un ano musulmán a un ano cristián hai que empregar a seguinte fórmula: ano cristián = ano musulmán + ano musulmán / 33 + 622?

- O papa Silvestre II (940-1.003) introduciu os números árabes en toda Europa procedentes da España musulmana?.

- A mezquita de Córdoba foi construída entre os anos 784 e o 990 e que é unha das mezquitas máis grandes do mundo coas súas 850 columnas sendo hoxe unha catedral?

- O erudito árabe Harin (965-1.039) escribiu o primeiro tratado preciso sobre o ollo e a visión?

- Os árabes introduciron en Europa o papel, inventado polos chinos, e o muíño de vento?

- Almanzor acampou anta a cidade de Santiago e todos os seus habitantes abandoárona e os musulmáns apoderáronse de todas as riquezas e derrubaron as construcións, as murallas e a igrexa pero Almanzor colocou gardas sobre sepulcro do apóstolo Santiago impedindo que fose saqueado aínda que levou como trofeo as campás da igrexa?