Sabías que...? Idade Antiga: Romanización


ROMANIZACIÓN

- O emperador Traxano era da Hispania?

- Os lexionarios romanos ao chegar á lagoa da Limia, como estaba toda cuberta de néboa, negáronse a seguir avanzado porque pensaba que se a atravesaban ían perder a memoria tivo que intervir o xefe da expedición Décimo Xunio Bruto quen a atravesou primeiro e logo foi chamando aos lexionarios polo seu nome?

- Os romanos sacaban uns 6.500 kilos de ouro ao ano de Gallaecia e así durante case 250 anos?

- Das Médulas os romanos chegaron a extraer o 10% do total do ouro de todo o imperio?

- No Monte Medulio (non se coñece a súa localización exacta) foi o último lugar onde os galegos se resistiron aos romanos e que ante a derrota preferiron a morte a entregarse?

- A vía (calzada) XVIII unía Braga e Astorga e pasaba por Valdeorras? - A ponte sobre o río Bibei foi feita na época de Traxano e ten 75 m de longo e 7 m de ancho cunha altura de 22,5 m e que se conserva ata hoxe sen ningunha reparación?

- Os miliarios eran pedras verticais que se colocaban na beira das calzadas para indica-la distancia en millas, de aí o seu nome e que nos miliarios colocados preto da Ponte do Bibei indica 94 millas de alía a Astorga?

- Montefurado chámase así porque os romanos perforaron o monte para desvia-lo cauce do río Sil e así extrae-lo ouro no cauce seco?

- Os romanos establecéronse no Forum Gigurrorum (A Rúa) e que o nome venlle da tribo celta dos cigurros que alí vivía?

- No muro da casa que está enfronte da igrexa de A Rúa (San Estebo) hai unha lápida romana que apareceu preto da ponte da Cigarrosa e que é o testamento dun tal Lucio Pompeio Reburro?

- Numancia (preto da actual Soria) opuxo unha resistencia moi forte, ata a morte dos seus habitantes, a ser conquistada polos romanos e que só despois de varios meses de sitio logrou conquistala Publio Escipion Emiliano?

- Viriato, caudillo da Lusitania, matárono os seus propios compañeiros que se venderan aos romanos?