Sabías que...? Idade Media: Reinos cristiáns

REINOS CRISTIÁNS
# Segundo a lenda, no Teruel do século XIII os mozo Diego de Marcilla e moza Isabel de Segura namoráronse e quixeron casar. Por ser Isabel de familia acomodada e Diego pobre, os pais dela prohibiron o casamento. Concedéronlle a Diego cinco anos para facer fortuna. Ao cabo dese tempo volveu a Teruel cargado de riquezas e enterouse de que a súa amada casara con outro. Diego morreu de dolor e Isabel, louca de pena, morreu un día despois. Os seus sepulcros atópanse na igrexa de San Pedro e que son coñecidos como “os amantes de Teruel”?
# Na provincia de Cádiz hai numerosos pobos que lle engaden ao seu nome as palabras “da fronteira” (exemplo: Arcos da Fronteira, Xerez da Fronteira) e que se trata de pobos que durante os séculos XIII e XIV estaban facendo fronteira entre os territorios cristiáns e musulmáns?.
# Na igrexa de Santiago en Vilafranca do Bierzo (León) a xente que non pode seguir o camiño obtén as mesmas indulxencias que se fose a Santiago de Compostela?
# Cando o peregrino chegaba a Compostela, compraba unha cunha de vieira que utilizaba como testemuño da peregrinación cumprida e dado que moitos realizaban a peregrinación como condena por algún delito, unha vez en Santiago debían obter do cardeal un papel que certificaba que estiveran alí, e que se chamaba carta probatoria?
# O primeiro peregrino, acreditado historicamente, foi un bispo de Le Puy (Francia) chamado Godescalco, que no ano 950 chegou á aldea galega de Compostela, xurdida xunto ó sepulcro do apóstolo descuberto no ano 813?
# O Camiño de Santiago, segundo a creencia popular, correspondía na Terra coa Vía Láctea no ceo?
# Na catedral de Santiago está o “botafumeiro” que bota incenso para, sobre todo hai anos, purificar o aire do interior da catedral?
# O códice Calixtino é un códice que narra a vida e milagres do apóstolo Santiago e feitos relacionados con Compostela e a Galicia medieval?