Sabías que...? Idade Media: Feudalismo

A SOCIEDADE FEUDAL
# Ao longo da Idade Media os grandes temas de discusión eran: a búsqueda do Santo Grial, a discusión sobre o sexo dos anxos e a pedra filosofal para converter en ouro calquera metal? 
# A cerimonia de homenaxe celebrábase da seguinte maneira: en primeiro lugar o conde pregunta se quería facerse por enteiro vasalo seu e el respondeu: “Si quero” e xuntando as súas mans o conde apertounas entre as súas ó mesmo tempo que quedaron vinculados un ao outro por medio dun bico. En segundo lugar o que prestara vasalaxe fixo xuramento de fidelidade neste termos: “Eu prometo na miña fidelidade serlle fiel de agora en adiante ao conde e de lle gardar homenaxe enteira e de protexelo contra todos de boa fe e sen enganos”. E en terceiro lugar xurou sobre as reliquias dos santos. Despois o conde cunha vara que tiña nas mans déulle as investiduras a todos aqueles que por medio deste pacto prometéranlle protección, rendéranlle vasalaxe e prestáranlle xuramento?.
# Polo San Miguel (29 de setembro) era cando o nobre recibía no castelo ós campesiños para que lle entregaran as súas rendas (xamóns, galiñas, viño, cereais...). 
# Os campesiños comían pouco e mal: pan negro (feito con centeo), papas, sopa de legumes, verduras, ovos, leite e queixo e que só os días de festa comían carne, sobre todo de porco? 
# Paz e a tregua de Deus eran dúas institucións eclesiásticas para dete-las continuas guerras feudais. A paz de Deus era o dereito de refuxio que tiña a Igrexa para tódalas persoas nos lugares sagrados e a tregua de Deus era a suspensión das guerras durante uns días determinados.  
# Segundo a lenda, no Teruel do século XIII os xóvenes Diego de Marcilla e Isabel de Segura namoráronse e quixeron casar. Por ser Isabel de familia acomodada e Diego pobre, os pais dela prohibiron o casamento. Concedéronlle a Diego cinco anos para facer fortuna. Ao cabo dese tempo volveu a Teruel cargado de riquezas e enterouse de que a súa amada casara con outro. Diego morreu de dolor e Isabel, louca de pena, morreu un día despois. Os seus sepulcros atópanse na igrexa de San Pedro e que son coñecidos como “os amantes de Teruel”?  
# Na provincia de Cádiz hai numerosos pobos que lle engaden ao seu nome as palabras “da fronteira” (exemplo: Arcos da Fronteira, Xerez da Fronteira) e que se trata de pobos que durante os séculos XIII e XIV estaban facendo fronteira entre os territorios cristiáns e musulmáns?.  
# O longo da Idade Media os grandes temas de discusión eran: a búsqueda do Santo Grial, a discusión sobre o sexo dos anxos e a pedra filosofal para converter en ouro calquera metal?  
# Para conquistar Constantinopla o sultán otomán Mehmet II fixo arrastrar 70 barcos por terra para evitar unha enorme cadea de ferro que protexía a canle de entrada á cidade? 
# No ano 1271 un xove de dezaseis anos chamado Marco Polo emprendeu unha viaxe á China dende Venecia (Italia) e voltou 24 anos máis tarde? 
# Marco Polo contaba historias terroríficas sobre cometas de vimbio nas que se suxeitaban prisioneiros vivos para proba-los ventos e atrae-la boa sorte cando zarpaba un barco e que moi poucos sobrevivían?.
# Marco Polo contou que vira fontes das que mamaba un líquido negro e ninguén o creu, era o petróleo?