Animais na histoira (1). Incitatus: o cabalo de Calígula

O cabalo do emperador romano Calígula (12-41 dC) chamábase "Incitatus", (traducido do latín, Impetuoso), e parece ser que era de orixe hispana (nesa época exportábanse a Roma uns 10.000 cabalos anuais). Era tal a devoción que sentía Calígula polo seu equino que mandou construír para el unha caballeriza de mármore, un pesebre de marfil e máis tarde unha casa-palacio con xardíns e 18 serventes e mobiliario de luxo para que recibise ás persoas que lle mandaba como invitados. Durmía con mantas de cor púrpura (a tinguidura máis cara na antiga Roma, reservado á familia imperial) e levaba colares de pedras preciosas. Calígula otorgou a Incitatus o título de Cónsul.

Incitatus era un cabalo de carreiras e como tal participaba nas competicións celebradas no hipódromo de Roma. A noite anterior a unha competición, o emperador durmía xunto ao animal e decretábase un silencio xeral que ninguén podía violar en toda a cidade baixo pena de morte, co fin de que o cabalo descansase correctamente. Ao parecer, Incitatus só perdeu unha carreira na súa vida, tras a cal Calígula ordenou ao verdugo que matase lentamente ao xinete do cabalo gañador para asegurarse de que sufrise.