O nome dunha rúa

Rúa Cabeza do rei Don Pedro nº 16- 2º (4100) Sevilla.

Unha curiosa historia deu orixe ao nome desta rúa sevillana e ao busto do rei Pedro I "O Cruel", que se atopa nunha das súas esquinas.
O cadáver dun importante cabaleiro aparecera abandonado na rúa e a súa influente familia esixiu a cabeza do asasino. Tanta foi a presión que o rei prometeu xustiza e, fiel á súa palabra, entregou unha caixa de madeira, asegurando que no seu interior atopábase a cabeza do criminal, esixindo a cambio que a caixa permanecese pechada mentres el vivise. Cando se abriu a caixa resultou que había un busto do propio rei.

Pedro I cumprira a súa promesa, xa que fora el mesmo quen matou nun duelo ao cabaleiro a consecuencia dalgún turbio asunto de saias.

Os sevillanos souberon apreciar a broma e dedicáronlle unha rúa, onde se atopa exposto o busto.