Boucher

FRANÇOIS BOUCHER (1703 -1770). Foi un pintor francés, que gustou do estilo galante, propio da época rococó. Foi famoso polas súas pinturas idílicas e voluptuosas de temas mitolóxicos, alegorías sobre pastores e por varios retratos de Madame de Pompadour. Un dos seus cadros máis coñecidos é o Espido recostado (Alte Pinakothek de Múnic) cuxa modelo foi identificada como Mademoiselle Louise Ou'Murphy, unha amante do rei Luís XV. Coñece a súa obra: