Lugares: Sedlec

Sedlec, un suburbio da cidade de Kutná Hora, encerra unha igrexa única. A case 90 quilómetros da capital da República Checa, Praga, é o maior osario do mundo. Pero a súa característica principal é que a igrexa está decorada cos ósos de case 40.000 persoas.
Segundo a lenda, nunha viaxe de Praga a Moravia, un nobre descansou nos seus bosques. Durmido, soñou que un paxaro introducíaselle na boca e deulle a idea de fundar un mosteiro naquel lugar. Corría o ano 1142. 
Anos máis tarde, no 1278, o abade do mosteiro foi enviado a Terra Santa, de onde trouxo terra do Gólgota (onde foi crucificado Xesucristo), que dispersou polo cemiterio. Aquel día marcou a historia desta igrexa os aldeáns empezaron a considerar aquel lugar como santo, e pensaron que quen descansase logo de morto nas súas terras, algún día alcanzaría o ceo.
As pragas que por aqueles anos arrasaron Europa fixeron que o número de cadáveres que se enterraron alí crecesen rapidamente. A peste negra de principios do século XIV e as guerras husitas do século XV, fixo que máis de 30.000 persoas fosen sepultadas alí.
Ao redor do ano 1400 foi construída unha igrexa no centro do cemiterio cunha capela no soto como un osario para facer sitio para novos enterros. Di a tradición, que se se tropeza na escaleira pola que se baixa á capela, a morte do que tropeza está próxima.
En 1870, un escultor de madeira, foi contratado para pór as cheas de ósos en orde. Os macabros resultados do seu traballo falan por si sos. Unha enorme lámpada de araña, que contén polo menos unha unidade de cada óso que forma o corpo humano, colga do centro do nave xunto ás guirnaldas de cranios que cobren as bóvedas. Outros traballos inclúen custodias flanqueando o altar, pirámides de caveiras, un gran escudo de armas e a firma do escultor, tamén feita de ósos e situada na parede xunto á entrada.
Hoxe día, máis de 150.000 turistas visítana anualmente. Na capela celebrábanse misas, ata que certo día, durante unha misa celebrada no Día de Todos os Santos, alguén realizou unhas fotos nas que saía o sacerdote oficiando a Eucaristía rodeado dos esqueletos. Aquelas fotos fixéronse públicas, e ao pouco, chegaron a considerar aquelas misas como satánicas. Desde entón, está prohibido celebrar misas no Día de Todos os Santos.