A fotografía foi tomada o 14 de agosto de 1.945 en Time Square (Nova York) polo fotógrafo Alfred Eisenstaedt; de aí vén o nome da fotografia: O bico de Times Square.
O día no que a 2ª Guerra Mundial rematou, os neoiorquinos tomaron a praza de Time Square en Manhattan. Un mozo cun traxe escuro de mariñeiro dedicouse a agarrar e bicar a todas as mozas que pasaban por diante e Alfred Eisenstaedt estaba por alí coa ssúa cámara Leica, seguindo as andanzas deste estraño mariñeiro.
Unha moza, cun traxe branco de enfermeira, estaba parada na bulliciosa multitude. Sen máis preámbulos, o mariñeiro, que aínda estaba buscando a mozas que bicar, fíxose coa enfermeira e de súpeto bicouna.

![Preme para máis tamaño](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhhp3p6Q1UdDhfjTZS51CMt-6KqeQHWFIGSDn22z2ToE8AalwZ0VBowoRpQDkVTV5KO5XzJn5mNYMTcklxI1PAT-k6SowplT-Hk6pFStZRAkhq4R6aQaVzBiwRwO8frymzaN2Hm-TAY6w/s200/iconaumentar.gif)
E quen é el? A identidade del segue sendo un misterio.