FRANK OWEN GEHRY (1929-....).É un arquitecto asentado en Estados Unidos, pero nacido en Canadá. Considera que a Arquitectura é unha arte, no sentido de que unha vez terminado un edificio, este debe ser unha obra de arte, coma se fose unha escultura. Para achegarse cada vez máis a este ideal, Gehry foi traballando nos seus sucesivos proxectos nesta dirección, sen abandonar outros aspectos primordiais da arquitectura, como a funcionalidade do edificio ou a integración deste no contorno. Coñece as súas obras máis representativas: