Thich Quang Duc, naceu en 1897, foi un monxe budista vietnamita (tamén chamados bonzos) que se inmolou ata morrer nunha rúa moi transitada de Saigon o 11 de xuño de 1963. O seu acto de inmolación, que foi repetido por outros monxes, levou a que o acto fose coñecido como «queimarse ao bonzo» ou «suicidarse ao bonzo». David Halberstam, un reporteiro do New York Times, testemuña do suceso escribiu sobre el, o seguinte:
"As chamas estaban xurdindo dun ser humano; o seu corpo foi marchitándose lentamente, a súa cabeza ennegrecíase. No aire había un cheiro a carne humana queimada; o home queimouse sorpresivamente rápido. Detrás de min puiden escoitar o salouco dos vietnamitas... Estaba demasiado sorprendido para chorar, demasiado confundido para tomar notas ou facer preguntas, ademais desconcertado para inclusive pensar... Mentres se queimaba el nunca moveu un músculo, nunca pronunciou un son, a súa calma era un contraste coa xente que se lamentaba ao redor del".

Thich Quang Duc inmolouse en sinal de protesta contra as persecucións que sufrían os budistas por parte do goberno de Vietnam do Sur. As fotografías do feito deron a volta ao mundo e serviron para cuestionar as políticas adoptadas polo réxime vietnamita. Malcolm Browne gañou un premio Pulitzer pola fotografía do monxe. Logo do seu funeral, no que os seus restos foron finalmente reducidos a cinzas, o corazón de Quang Duc non se queimou, sendo recuperado e atesourado como unha reliquia.