A polo comodín...!

Consegue un "comodín" para o exame dos temas 3 e 4 (hai cinco por clase). Tes que identificar o nome da igrexa e o lugar onde se atopa. Lembra que é un monumento románico.

Preme na icona se queres ver o monumento a maior tamaño.  

Solución: San Pedro de Tejada (Burgos)

Sobre un pequeno outeiro defendido pola Serra da Tesla, está a ermida de San Pedro de Tejada, unha das máis fermosas, máis completas e mellor conservadas da provincia de Burgos.

O edificio, construído na segunda metade do século XII, pertencía ao conxunto do mosteiro de San Pedro de Tejada, fundado no ano 850, que en 1011 será absorbido polo gran mosteiro
de San Salvador de Oña. A igrexa é o único resto conservado de todo o conxunto monástico.
Nesta construción, de pequeno tamaño, aprécianse algunhas das características do románico burgalés. Consta dunha soa nave, ábsida semicircular e, sobre a cúpula, unha torre de pedra de dous corpos, con oito fiestras con parteluz. Tanto a portada como as fiestras, capiteis e "canecillos" atópanse moi decorados, con variados e representativos motivos escultóricos. A decoración do conxunto complétase co característico axedrezado.
Na fachada, situada aos pés do templo, ademais da singular portada, distínguese unha fiestra trilobulada, que proporciona luminosidade ao interior. Por baixo dela sitúase un telladiño suxeitado por oito "modillones" que representan aos catro evanxelistas e o Tetramorfos. No medio deles sitúase a figura de Cristo, de pé e cos brazos estendidos. Xusto debaixo dos "modillones", atopamos dous frisos nos que están representados os apóstolos, agrupados de dous en dous. Todo o conxunto parece representar a Ascensión de Cristo.
Hai outros dous pequenos relevos, un a cada lado das arquivoltas. No da esquerda vemos representada a Última Cea, bastante simplificada. Distínguense a figura de Cristo, San
Xoán recostado sobre o Mestre e outra figura bastante borrosa. Á dereita aparece un león
cravando as garras a un home ao que ten entre as súas patas, e que podería tratarse dunha
representación alegórica da loita do ben e do mal. O resto de edificio tamén posúe un amplo
repertorio iconográfico, no que destacan os temas lúdicos e eróticos.
O interior componse dunha nave de tres tamos, cuberta por dúas bóvedas de canón nos dous primeiros e por unha bóveda de media laranxa sobre trompas, que sostén a torre. A ábsida ten cuberta de cascarón e está percorrido por sete arcos cegos. Os arcos perpiaños do interior do templo están decorados con seis capiteis que, aínda hoxe, conservan restos de policromía.
www.turismoburgos.org