Grandes obras: O xardín das delicias

O xardín das delicias
Título: O xardín das delicias ou A pintura do érbedo
Autor: Hieronymus van Aeken Bosch, "O Bosco" (Hertogenbosch, 1450 - Hertogenbosch, 1516)
Cronoloxía: 1500-1505
Escola: Flamenca
Estilo: Gótico
Técnica: Óleo
Soporte: Táboa
Medidas: 220 cm x 389 cm
Localización: Museo do Prado (Madrid)


O xardín das delicias é un cadro con múltiples interpretacións e  con poucas certezas. Perece que é unha das certezas é a finalidade moralizante da obra. O pecado é un punto de unión entre as tres escenas que compoñen o cadro. O cadro, aberto ou pechado, é todo un misterio. O misterio comeza no título da obra: O xardín das decicias, que é unha denominación moderna. Probablemente a denominación orixinal axudaría a entender un pouco mellor a obra.


TRÍPTICO PECHADO
O xardín das delicias. Tríptico pechado
Cando o tríptico está pechado as dúas portas forman unha única escena, que representa o terceiro día da cración. Aparece un globo terráqueo que repersenta a Terra plana, seguindo as crenzas da época, dentro dunha esfera transparente. Só hai formas vexetais e minerais, non hai animais nin persoas. Está pintado en tons grises, branco e negro, o que se corresponde a un mundo sen o Sol nin a Lúa aínda que tamén é unha forma de conseguir un dramático contraste co colorido interior, entre un mundo antes do home e outro poboado por infinidade de seres.
Na parte superior aparece a figura de Deus cun libro aberto e inscricións en latín con letra gótica que reproducen pasaxes do Xénese: " Ipse dixit et facta sunt" (El mesmo díxoo e todo foi feito) na esquerda e "Ipse mandavit et creata sunt" (El mesmo ordenouno e todo foi creado) na dereita.
TRÍPTICO ABERTO
Cando o tríptico está aberto convértese nun cegador universo de cores brillantes. Na táboa central, que dá nome á pintura, aparece un xardín onde homes e mulleres gozan dos praceres da vida. Aos lados mostranse dúas opcións antagónicas: o Paraíso, coa presentación de Eva a Adán e a Fonte da Vida, na táboa da esquerda e o Inferno, na táboa da dereita, co que a obra adquire un sentido moralizante e préstase a múltiples interpretacións.
1. Táboa da esquerda (220 x 97,5 cm): O PARAÍSO.
O xardín das delicias. O Paraíso
Presenta uha imaxe do Paraíso onde se representa o derradeiro día da creación, con Eva e Adán, recén creados por Deus en medio dun xardín espectacular.
O xardín do Edén é un lugar idílico con árbores, animais comúns, mamíferos e paxaros exóticos, híbridos fantásticos e estruturas orgánicas. Entre os animais máis exóticos atópanse o elefante, a jirafa, o león e ata o leopardo (animais que vivían en África e que o Bosco coñeceu a través dos bestiarios medievais). Con todo, ata neste lugar tan paradisíaco e idílico, onde se debería respirar paz e tranquilidade, pódese discernir a entrada do mal se se presta atención aos detalles. Entre unha das formacións rochosas atópase a cara oculta de Satanás desde onde emerxe a serpe que porá fin ao Paraíso tentando a Eva a comer da froita prohibida. Mentres tanto un bufo (símbolo da maldade) mira desde a fonte que se atopa no centro da imaxe. Máis aínda, ata a violencia fai acto de presenza dentro do Paraíso entre os animais, onde un leopardo leva á boca un rato, un híbrido bípedo é perseguido por un xabaril, un león derruba a unha gacela e un paxaro come unha ra. Todos estes actos violentos son símbolos que se poden interpretar como un aviso do pecado que pronto cometerán Adán e Eva.
1. Fonte da vida ou fonte do Paraíso. Na base que emerxe da auga hai pedras preciosas e perlas, que son mencionadas no capítulo I do Xénese. O demo está
escondido tamén na Fonte da Vida, vemos unha estrutura entre
mineral e orgánica, cun orificio polo que asoma unha xcuruxa, un símbolo da malicia.
2. Creación de Adán e Eva no Paraíso Terreal. Aparecen Deus e Eva e Adán, espidos porque aínda non pecaron ("estaban ambos os espidos, e sen avergoñarse diso"). Adán está esperto e Deus estalle presentando a Eva, recentemente creada. Deus está representado dun xeito anticuado (aínda que fundamentado nunha pasaxe do Novo Testamento posto en boca de Cristo "quen me ve a min, ve ao Pai") . Eva atópase axeonllada no chan e tómalle a man Deus e ofrece a muller ao primeiro home, signo do que se entendía por un matrimonio sacro (como o da Virxe e San Xosé). Adán, tombado, mira á fermosa Eva, que lle insinúa coa súa mirada. O Bosco quere salientar o carácter luxurioso de Eva pintado preto dos pés un coello.
Deus parece previrlles da presenza dun pozo profundo e escuro do que xorden pequenos monstros que simbolizan os vicios que poderían conducir ao pecado.
3. A Árbore da Vida.  A árbore representada é un drago (especie exótica procedente das illas Canarias). Non se sabe cal foi a razón pola que escolleo esta árbore nin onde a puido obter para copiala.
4. A Árbore do Ben e do Mal. A árbore pintada é unha palmeira, outra planta exótica para a época, e enrolándose ao seu tronco distínguese a serpe tentadora.
5. A rocha antropomórfica. É o demo, que está aínda oculto aos ollos de Adán e Eva. Hai un extravagante animal con caparazón do que lle saen dúas antenas, o que fai que suxira a forma de ollo. Baixo o falso nariz colocouse outro animal que fai que se converteu en boca.
6. O estanque escuro. Nel hai animais, como o peixe con ás, e recórdanos ao feito da expulsión do Paraíso: "Cando a esposa de Adán comeu da mazá colleita da árbore prohibida, deulla ao seu marido. Despois de comela, foron botados do Paraíso e arroxados no estanque recheo de todas clases de augas". Ese estanque representa o mundo, que está cheo de  adversidades, de males e de tormentos.
2. Táboa central (220 x 195 cm): O XARDÍN DAS DELICIAS
O xardín das delicias. Panel central: O xardín das delicias
O Xardín das Delicias é un enganoso xardín dos falsos praceres terreais, unha consecuencia do pecado orixinal. En definitiva, nesta táboa central represéntase a luxuria desatada:
aparece o acto sexual e é onde se descobren todo tipo de praceres carnais, que son a proba de que o home perdera a graza.
1. A fonte dos catro ríos. Fonte inestable, ameazando ruína coas súas paredes cuarteadas.  Os catro ríos do Paraíso son: Frisón cunha construción con estrañas flores douradas, Geón cunha colonia de monos, e os outros dous ríos aluden aos ríos de Mesopotamia (Tigris e Eufrates). O globo é utilizado para realizar acrobacias lascivas por parte de personaxes
luxurioso.
2. A cabalgata do desexo. No centro do panel desenvólvese a gran cabalgata do desexo, cos xinetes a lombos das monturas das súas paixóns virando en círculo ao redor dun estanque, a fonte do amor, onde se bañan varios grupos de mulleres, en espera dun encontro que se adiviña carnal.
Os animais montados polos homes (unicornios, leóns, osos, touros, panteras, xabaril, billas, cabras...) son evidentes símbolos da luxuria. As mulleres levan case todas algo sobre as súas cabezas: pavo real, garzas, froitos caducos..., símbolos da vaidade.
O estanque podería representar a fonte da eterna mocidade, un motivo moi estendido na pintura do século XVI, ou quizá sexan as augas nas que os homes bañan os seus pecados.
3. Escenas sexuais. A sexualidade maniféstase de mil xeitos, en gran parte dos casos, os personaxes ou están comendo ou están copulando tanto nas accións da masa de homes e mulleres, todas elas de inequívoco signo erótico, como nas connotacións sexuais de plantas, froitas e animais.
4. Adán culpa a Eva. Na parte inferior dereita, Adán e Eva son testemuñas desde a entrada da cova do que acaeceu ao mundo pola súa causa. O dedo acusador de Adán (mirando ao espectador) responsabiliza á muller. Detrás de Adán está un personaxe identificado con Noé.
5. Grupo de homes. Na esquina inferior esquerda que están sinalando cara á táboa anterior, en especial a Eva, o que se interpretou comounha clara acusación á muller como responsable de sucumbir á tentación da serpe cometendo o pecado polo que pagará toda a humanidade. A misoxinia na época na que O Bosco pinta O Xardín das Delicias estaba moi presente na sociedade.
3. Táboa da dereita (220 x 97,5 cm): O INFERNO. 
O xardín das delicias. O inferno
Na táboa dereita represéntase o inferno, os condenados, protagonistas de diversos pecados, sofren tormentos no medio dunha paisaxe abatida, en chamas, ameazante e cheo de seres horrendos que os devoran, esmagan e asasinan.
1. Cidade en chamas. Ese incendio, que realmente representa a paisaxe nocturna dunha cidade en chamas, relacionouse cun trauma do pintor, que viu como a súa localidade natal era pasto do lume. Certamente, estas representacións de cidades en chamas pódense ver noutros
cadros do autor. A atmosfera resulta totalmente demoníaca.
2. Home-árbore. Sen cu e cos seus brazos en forma de troncos secos e as súas mans como barcas flotantes, contempla o que sucede nas súas entrañas, onde está representada un escena tabernaria, onde os comensais sentan en sapos xigantes, servidos por unha vella celestina que saca viño dun barril. A figura do home-árbore, asociado co demo, destaca polo seu contraste pola súa cor clara sobre fondo escuro, como polo seu gran tamaño en relación aos outros seres representados. Sobre a súa cabeza, un disco con demos e as súas vítimas ao redor dunha gaita. Mira directamente ao espectador. A cara que aparece na parte central, baixo un prato que contén unha gaita, é un autorretrato do Bosco, e que cun torpe vendaxe intenta ocultar unha chaga producida pola sífile.
3. O inferno musical.  Onde os instrumentos musicais aparecen transformados en instrumentos de tortura.
Pecados capitais.
A. Avarícia. O castigo dos avaros aparece representado pola saturnal figura da "besta-paxaro" que aparece devorando a homes aos que expulsa polo ano. Estes van parar a un buraco cheo de moedas, defecadas tamén por un individuo en crequenas.
B. Envexa. hai un lago xeado, sobre o que patinan algúns condenados, mentres o xeo se resquebraxa. Destínase aos envexosos o suplicio da auga xeada. Na Idade Media considerábase o contraste entre o frío e a calor como unha das torturas do inferno.
C. Soberbia. Baixo o manto de Satanás hai unha muller que é acosada por un ente
demoníaco cuxo cu é un espello onde se reflicte a cara da muller, que representa a unha dama orgullosa (soberbia), outro demo en forma de lobo acósaa.
Vicios e costumes.
D. Sacrílegos. Uns cans furgando no interior do ventre dun cabaleiro, cun cáliz na man do que caeu unha hostia sacra interprétase como unha posible condena do sacrilexio.

E. Non escoitar a palabra de Deus. Na parte central, dúas grandes orellas, cun coitelo (lingua) no centro e atravesada por unha frecha enorme, representa o castigo aos que non quixeron escoitar a palabra de Deus, relacionada coa frase que se atribúe a Platón na Idade Media: "Deus deunos dúas orellas e unha lingua, porque debemos oír dúas veces do que imos falar". 
F. Vicio do xogo. Baixo os músicos están os xogadores e tahúres, acompañados por algunha prostituta (como a que leva o dado na cabeza) e recreando o ambiente tabernario e dos
prostíbulos, é a representación do vicio do xogo estendido na época medieval.
G. O estamento clerical. Un ataque para o estamento do clero, tan desprestixiado entón, como se verifica na porca con toca de monxa que abraza a un home espido que intenta que asine un documento. O tinteiro representado por un ave réptil con yelmo e colgando un pé-reliquia, cun cilindro representativo da autenticidade da reliquia, como representación da venda fraudulenta de reliquias que facían os clérigos pouco escrupulosos.