O mundo ao revés

Non hai ningunha preferencia física ou topográfica para representar o polo norte da Terra na parte superior dos mapas, é soamente unha convención debida a que Europa e a maioría dos países industrializados atópanse no hemisferio norte.
Pero que pasaría se eses países máis industrializados e poderosos estivesen no hemisferio sur; pois que quizais teríamos unha imaxe do mundo un pouco diferente e o mapa sería este.