# O navegador Mozilla Firefox. Pódelo descargar premendo na icona
# Unha "conta en google" que é gratuíta e só os que a teñan poderán ser invitados para entrar no Forum Gigurrorum, cando o acceso ao mesmo sexa controlado. Preme na seguinte ligazón: Crear conta en google
Se pensas que xa viches todo sobre mapas... Aquí tes un mapa que che permite coñecer o número total de persoas que teñen un apelido determinado no conxunto de Galicia e o número de persoas que teñen ese apelido en cada un dos concellos. Os datos corresponden ao ano 2001.
Debía por algo como encabezamento do vídeo pero non fai falla. Durante as vacacións podemos permitir algunha "frivolité".
< /center >
001 O astronauta atópase na fachada da Catedral de Salamanca que dá á Praza de Anaya, enfronte da facultade de Letras. A escultura ten un tamaño pequeno e atópase a uns 2 metros e medio de altura á esquerda dunha das portas.
Parte da catedral de Salamanca restaurouse en 1992. A historia cóntanos que sempre que se remodelaba unha catedral adoitábase engadir algo da época na que se facía a restauración, así que se decidiu engadir un astronauta.
O tramo máis espectacular da antiga calzada romana (Vía Nova XVIII). Trátase dos soados Cóbados de Larouco. Son unha impoñente obra da enxeñería romana no paso da vía mencionada. Forman un trazado extremadamente sinuoso tallado a pico sobre rocha viva, que atravesa a serra en enorme pendente. Percorren máis de sete quilómetros. Era unha das sete marabillas de Galicia que chamaron poderosamente a atención do Licenciado Molina, en 1550, que as catalogou como tales.
A citania do Monte Santa Tecla foi descuberta e comezada a escavar en 1913. Debeu ser un importante poboado mineiro pre-romano, tendo ademais unha excelente localización estratéxica grazas a controlar a desembocadura do río Miño desde os seus 200 metros de altura. O apoxeo desta poboación prolongouse ata o século II de nosa era, en que caeu no esquecemento. O castro estaba fortemente defendido por unha muralla, fosos e torres. No interior do recinto amurallado, sen apenas espazo entre elas, situábanse as vivendas, perfectamente distribuídas xa que se atoparon pequenas rúas e prazas. Calculouse que no seu interior habitaría unha media de 250 individuos. As vivendas presentan distinta tipoloxía que obedecen á diferente función que tería para os habitantes: vivenda, almacén, etc. A maioría das casas dos castros eran pequenas e circulares. A parte baixa da construción realizábase a base de pedras irregulares de tamaño medio. Cubertas de brezo ou palla, no interior das vivendas desenvolvíase a vida cotiá, ao redor dun lume central rodeado por bancos corridos. A citania de Santa Tecla foi declarada Monumento histórico-artístico en 1931.
Reconstrución dos principais monumentos da antiga Roma en 3D: Coliseo, Termas de Caracalla, Palacio Dorado de Nerón, O Panteón, O foro de Traxano, O muro de Adriano, O acueduto de Claudio, A ponte de César...
Non hai ningunha preferencia física ou topográfica para representar o polo norte da Terra na parte superior dos mapas, é soamente unha convención debida a que Europa e a maioría dos países industrializados atópanse no hemisferio norte. Pero que pasaría se eses países máis industrializados e poderosos estivesen no hemisferio sur; pois que quizais teríamos unha imaxe do mundo un pouco diferente e o mapa sería este.
O Partenón substituíu a un templo anterior no mesmo emprazamento, coñecido como o Pre-Partenón ou Hecatompedón, construído antes das Guerras Médicas, e destruído polos persas. A construción do monumento, realizada, case exclusivamente en mármore branco do monte Pentélico, foi iniciada por Pericles como agradecemento aos deuses pola súa vitoria contra os persas e desenvolveuse entre os anos 447 e 432 a. C. Os arquitectos encargados da obra foron Ictino e Calícrates e estiveron, na maioría dos casos, baixo as ordes do arquitecto e gran escultor ateniense Fidias, autor da decoración escultórica e da gran estatua criselefantina de Atenea Partenos que estaba situada como peza central do templo (medía doce metros de altura e para a súa elaboración necesitáronse 1.200 quilogramos de ouro). (Wikipedia).
No seguinte vídeo faise un repaso da súa historia.
Os antigos exipcios chamaban ao seu país "kemet" (terra negra), para diferencialo do deserto que o rodeaba ou "deshret" (terra vermella), que ocupa o 90 % do país. Tamén se chamaban a si mesmos "remet-en-kemet", o pobo da terra negra. A terra negra non era outra cousa que o fértil limo que o Nilo depositaba durante a inundación anual (xuño-setembro) nas terras que cubrían as súas augas.
O nacimiento de Venus é unha das obras máis famosas de Botticelli. Foi pintada por encargo dun membro da familia Médici para decorar un dos seus palacios. Venus é a deusa do amor e o seu nacimento débese aos xenitais do deus Urano, cortados polo seu fillo Cronos e botados ao mar. O cadro representa a chegada da deusa, tras o seu nacemento, á illa de Citera, empurrada polo vento.
Cando Xullo II foi nomeado papa en 1503 emprendeu un ambicioso plan artístico. Rexeitou a vella basílica levantada por Constantino no século IV e pretendeu substituila por un novo templo. Bramante foi o elexiado para a súa construción. A súa morte continuaron o proxecto: Rafael e despois Antonio da Sangallo. Pero a construción definitiva débese a Miguel Anxo quen sucedeu a Sangallo tras a súa morte en 1546. No centro da planta levantaría unha maxestuosa cúpula de 42 m de diámetro que se elevaría por enriba dos outeiros da cidade, quedando como punto de referencia para a cristiandade.
Para todos os que vimos a película de Stanley Kubrick 2001: una odisea en el espacio (1968), sen chegar a comprendela de todo, temos, premendo na imaxe, una animación explicativa da película. Se despois disto aínda seguemos sen comprendela. ¡Que lle imos facer!.
Modelo de Contrato asinado polas mestras co Consello Nacional de Educación no ano 1923 na República Arxentina:
Este es un acuerdo entre la señorita ........................................ maestra, y el Consejo de Educación de la Escuela.......................... por la cual la señorita ..................................... acuerda impartir clases durante un período de ocho meses a partir del ........................... de septiembre de 1923. El Consejo de Educación acuerda pagar a la señorita............................... la cantidad de (*75) mensuales. La señorita ..................................... acuerda: 1.- No casarse. Este contrato queda automáticamente anulado y sin efecto si la maestra se casa.
2.- No andar en compañía de hombres. 3.- Estar en su casa entre las 8:00 de la tarde y las 6:00 de la mañana a menos que sea para atender función escolar. 4.- No pasearse por heladerías del centro de la ciudad. 5.- No abandonar la ciudad bajo ningún concepto sin permiso del presidente del Consejo de Delegados. 6.- No fumar cigarrillos. Este contrato quedará automáticamente anulado y sin efecto si se encontrara a la maestra fumando. 7.- No beber cerveza, vino ni whisky. Este contrato quedará automáticamente anulado y sin efecto si se encuentra a la maestra bebiendo cerveza, vino y whisky. 8.- No viajar en coche o automóvil con ningún hombre excepto su hermano o su padre. 9.- No vestir ropas de colores brillantes. 10.- No teñirse el pelo. 11.- Usar al menos 2 enaguas. 12.- No usar vestidos que queden a más de cinco centímetros por encima de los tobillos. 13.- Mantener limpia el aula: Barrer el suelo al menos una vez al día. Fregar el suelo del aula al menos una vez por semana con agua caliente. Limpiar la pizarra al menos una vez al día. Encender el fuego a las 7:00, de modo que la habitación esté caliente a las 8:00 cuando lleguen los niños. 14.- No usar polvos faciales, no maquillarse ni pintarse los labios