Mostrando entradas con la etiqueta Videos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Videos. Mostrar todas las entradas

Clase de historia con... Belén Esteban

Debía por algo como encabezamento do vídeo pero non fai falla. Durante as vacacións podemos permitir algunha "frivolité".

< /center >

Os cóbados de Larouco (1.929)

O tramo máis espectacular da antiga calzada romana (Vía Nova XVIII). Trátase dos soados Cóbados de Larouco. Son unha impoñente obra da enxeñería romana no paso da vía mencionada. Forman un trazado extremadamente sinuoso tallado a pico sobre rocha viva, que atravesa a serra en enorme pendente. Percorren máis de sete quilómetros. Era unha das sete marabillas de Galicia que chamaron poderosamente a atención do Licenciado Molina, en 1550, que as catalogou como tales.

O castro de Santa Tegra

A citania do Monte Santa Tecla foi descuberta e comezada a escavar en 1913. Debeu ser un importante poboado mineiro pre-romano, tendo ademais unha excelente localización estratéxica grazas a controlar a desembocadura do río Miño desde os seus 200 metros de altura. O apoxeo desta poboación prolongouse ata o século II de nosa era, en que caeu no esquecemento.
O castro estaba fortemente defendido por unha muralla, fosos e torres. No interior do recinto amurallado, sen apenas espazo entre elas, situábanse as vivendas, perfectamente distribuídas xa que se atoparon pequenas rúas e prazas. Calculouse que no seu interior habitaría unha media de 250 individuos.
As vivendas presentan distinta tipoloxía que obedecen á diferente función que tería para os habitantes: vivenda, almacén, etc.
A maioría das casas dos castros eran pequenas e circulares. A parte baixa da construción realizábase a base de pedras irregulares de tamaño medio. Cubertas de brezo ou palla, no interior das vivendas desenvolvíase a vida cotiá, ao redor dun lume central rodeado por bancos corridos.
A citania de Santa Tecla foi declarada Monumento histórico-artístico en 1931.



Texto e vídeo: http://www.artehistoria.jcyl.es/artesp/videos/123.htm


Galicia desde o aire

A Coruña

Betanzos

Ferrol


Lugo

Burela

Ourense

Celanova

Pontevedra

A Toxa

Arcade (Soutomaior)

Illa de Arousa

Vigo

Roma en 3D (vídeo)

Reconstrución dos principais monumentos da antiga Roma en 3D: Coliseo, Termas de Caracalla, Palacio Dorado de Nerón, O Panteón, O foro de Traxano, O muro de Adriano, O acueduto de Claudio, A ponte de César...

Grecia: O Partenón

O Partenón substituíu a un templo anterior no mesmo emprazamento, coñecido como o Pre-Partenón ou Hecatompedón, construído antes das Guerras Médicas, e destruído polos persas.
A construción do monumento, realizada, case exclusivamente en mármore branco do monte Pentélico, foi iniciada por Pericles como agradecemento aos deuses pola súa vitoria contra os persas e desenvolveuse entre os anos 447 e 432 a. C. Os arquitectos encargados da obra foron Ictino e Calícrates e estiveron, na maioría dos casos, baixo as ordes do arquitecto e gran escultor ateniense Fidias, autor da decoración escultórica e da gran estatua criselefantina de Atenea Partenos que estaba situada como peza central do templo (medía doce metros de altura e para a súa elaboración necesitáronse 1.200 quilogramos de ouro). (Wikipedia).

No seguinte vídeo faise un repaso da súa historia.

O Antigo Exipto

Os antigos exipcios chamaban ao seu país "kemet" (terra negra), para diferencialo do deserto que o rodeaba ou "deshret" (terra vermella), que ocupa o 90 % do país. Tamén se chamaban a si mesmos "remet-en-kemet", o pobo da terra negra. A terra negra non era outra cousa que o fértil limo que o Nilo depositaba durante a inundación anual (xuño-setembro) nas terras que cubrían as súas augas.



Video de: http://www.artehistoria.jcyl.es/

Renacemento: Boticelli, O nacemento de Venus

O nacimiento de Venus é unha das obras máis famosas de Botticelli. Foi pintada por encargo dun membro da familia Médici para decorar un dos seus palacios. Venus é a deusa do amor e o seu nacimento débese aos xenitais do deus Urano, cortados polo seu fillo Cronos e botados ao mar. O cadro representa a chegada da deusa, tras o seu nacemento, á illa de Citera, empurrada polo vento.

Video de: http://www.artehistoria.jcyl.es/

Renacemento: Miguel Anxo, San Pedro do Vaticano

Cando Xullo II foi nomeado papa en 1503 emprendeu un ambicioso plan artístico. Rexeitou a vella basílica levantada por Constantino no século IV e pretendeu substituila por un novo templo.
Bramante foi o elexiado para a súa construción. A súa morte continuaron o proxecto:
Rafael e despois Antonio da Sangallo. Pero a construción definitiva débese a Miguel Anxo quen sucedeu a Sangallo tras a súa morte en 1546. No centro da planta levantaría unha maxestuosa cúpula de 42 m de diámetro que se elevaría por enriba dos outeiros da cidade, quedando como punto de referencia para a cristiandade.

Video de: http://www.artehistoria.jcyl.es/

A pizarra dixital

Isto non é un titorial sobre o manexo da pizarra dixital, é un video sobre a construción dunha pizarra dixital.


Tecnoloxía e metodoloxía?

Interesante escoitalo, está en portugués.

A guerra civil en Galicia (1)

A vitoria do terror (Historias de Galicia)