Os cóbados de Larouco (1.929)

O tramo máis espectacular da antiga calzada romana (Vía Nova XVIII). Trátase dos soados Cóbados de Larouco. Son unha impoñente obra da enxeñería romana no paso da vía mencionada. Forman un trazado extremadamente sinuoso tallado a pico sobre rocha viva, que atravesa a serra en enorme pendente. Percorren máis de sete quilómetros. Era unha das sete marabillas de Galicia que chamaron poderosamente a atención do Licenciado Molina, en 1550, que as catalogou como tales.