Personaxes: Kim Phuc


Agora que nos aproximamos ao día 30 de Xaneiro (Día Escolar da Paz e a Non Violencia) poucas imaxes como esta simbolizan o sufrimento dos nenos na guerra. A desgraciada protagonista da fotografía é Kim Phuc, unha nena vietnamita de 9 anos de idade.

Personaxes: O home de Tiananmen


É o home anónimo que detén os tanques. O incidente tivo lugar na Gran Avenida da Paz Eterna, a uns 200 metros de distancia da praza de Tiananmen, en Pequín, o 5 de xuño de 1989, un día despois de que o goberno chinés empezase a reprimir violentamente as protestas democráticas.

Personaxes: Nili



A moza da dereita chámase Nili e ten 16 anos, intenta con todas as súas forzas pechar o paso aos axentes de policía enviados polo goberno israelí para desaloxar Amona, un asentamento ilegal xudeo preto de Ramala en Cisxordania.

Personaxes: August Landmesser

Para ver a imaxe a maior tamaño preme na icona

O home que se cruzou de brazos e non saudou a Hitler. O protagonista deste atrevemento foi August Landmesser.

Personaxes: Don García, rei de Galicia

Rei de Galicia (1065-1071) e (1072-1073). Naceu no ano 1042 e morreu o 22 de marzo de 1.090. Fillo de Fernando I de León e Castela e de Dona Sancha. Ademais de García o matrimonio tivo outros catro fillos máis: Sancho, Afonso, Urraca e Elvira.


Á súa morte (Fernando I morre o ano 1.065), de forma similar a como fixera o seu pai, repartiu o territorio entre os seus fillos. Ao seu primoxénito Sancho entregou Castela, que tomaría como Sancho II, e os dereitos sobre a paria de Zaragoza; Afonso recibiu León e a paria de Toledo; García, o reino de Galicia, xunto cos territorios portugueses e as parias de Badaxoz e Sevilla. Ás súas fillas, ademais do señorío sobre todos os mosteiros do reino, deixou a Elvira o señorío da cidade de Touro e a Urraca, a praza de Zamora.

O labirinto da catedral de Chartres


Catedral de Chartres (Francia)

Cando visitamos unha catedral, por exemplo a catedral de Chartres (Francia) levantamos a vista para ollar as súas fermosas vidreiras, a altura das súas columnas, a bóveda de cruzaría do teito; pero se miramos para o chan atoparémonos con algo inesperado: un labirinto.

Na nave maior da catedral de Chartres aparece trazado un soado "labirinto", cuxos 13 metros de diámetro convérteno no maior dos conservados para a época gótica. Como curiosidade matemática, o seu diámetro é exactamente o mesmo que o que ten o rosetón da fachada principal. A diferenza dos labirintos da Antigüidade (empezando polo do Minotauro en Creta), o de Chartres só ofrece unha ruta posible a través dunha liña continua trazada ao longo de 262 metros e 11 círculos concéntricos ata chegar ao centro; onde, segundo algunhas noticias, houbo ata 1828 unha escena do heroe grego Teseo loitando contra o Minotauro.

Nas fontes históricas, ao labirinto da catedral de Chartres denomínaselle «O Camiño de Xerusalén». O nome puxéronllo aqueles que na Idade Media non podían permitirse o luxo de peregrinar a Terra Santa, en lugar de emprender un camiño de dez mil horas de marcha, percorrían esta "legua curta" e crían obter a mesma satisfacción espiritual que se alcanzasen Xerusalén. Para iso tiñan que percorrer o labirinto de xeonllos, recitando o Miserere. O tempo investido nesta penitencia era aproximadamente dunha hora, xusto o que se tarda en camiñar unha legua (uns 5 km), que foi a distancia que percorreu Xesucristo coa cruz ao lombo ata o Monte Calvario, polo que o labirinto de Chartres tamén foi coñecido popularmente como «A Legua».

Durante a Idade Media o laberinto simbolizaba o duro camino cara Deus.

Os labirintos eran bastante usuais nas catedrais e igrexas medievais de Francia e Italia como o de Chartres, Amiens, Bayeux, Orleans, Toulouse, Reims (destruído fai douscentos anos), Mirepoix, Ravena…

Para recorrer o labirinto da catedral de Chartres fai clic na icona.

Xogos PC

Houbo unha época na que os discos dos ordenadores aínda non eran duros, os monitores eran en branco e negro ou "fosforitos", os ratos tiñan como inimigos aos gatos e os comandos de MS-DOS (copy, xcopy, deltree, md, cd, … ) eran a única maneira de "comunicarse" cos ordenadores porque non había ventás (windows) que abrir.

Nesa época tamén había xogos, xogos que ocupaban
KiloBytes (KB) e non GigaBytes (GB) como ocorre cos xogos na actualidade e mesmo xa había xogos que se chamaban 3D (Wolfenstein 3D). Dalgúns aínda se seguen a facer versións na actualidade (Prince of Persia) e outros séguense a xogar nos teléfonos móbiles, consolas...

Xa había multitude de títulos, algúns lexendarios como: Another world, Arkanoid, Battle chess, Block out, Body Blows, Bubble Bobble, California games, Cannon fodder, Car & driver, Commander Keen, Cool spot, Desert Strike, Doom, Double Dragon, Dragon's Lair, Dynablaster, Eco Quest, Gods, Golden axe, Grand Prix, Incredible Machine, Indiana Jones, James pond, La abadia del crimen, Larry Laffer, Lemmings, Lotus the Ultimate Challenge, Maniac mansión, Mortal Kombat, MicroMachines, Narco Police, Operation wolf, Out run, Pac man, Pang, Pinball Dreams, PC-Fútbol, Pipemania, Prehistorik, Prince of Persia, Push over, Realms of chaos, Simon the sorcerer, Sky Roads, Street fighter, Tetris, The lost vikings, The secret of Monkey island, Titus the Fox, Tyrian 2000, Volfied, Wolfenstein 3d, Worms, Xenon, Zool Ninja, …

Senon che soan eses títulos ou queres saber de que ían eses xogos premede aquí.